Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A FEIRA DO LIBRO DA GUARDA CONGREGOU A MÁIS DE 2.000 PERSOAS NA PRAZA DO RELÓ

Como colofón final da Feira, tanto o monologuista coma Antonio Lomba, acompañados dunha man inocente que subiu do público, fixeron o sorteo de catro lotes de libros.

Como colofón final da Feira, tanto o monologuista coma Antonio Lomba, acompañados dunha man inocente que subiu do público, fixeron o sorteo de catro lotes de libros.

Fecha: 20 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A Feira do Libro do Concello da Guarda congregou a máis de 2.000 persoas nas actividades programadas na Praza do Reló.
As catro librerías, xunto co posto de venta de exemplares do Concello, que participaron neste evento que se celebrou o pasado domingo coincidindo co Días das Letras Galegas, venderon preto de 600 exemplares.

Durante toda a xornada os postos das librerías estiveron recibindo xente con moitas ganas de mercar libros aproveitando o 20% de desconto que se ofrecía en tódolos exemplares ofertados. Dende as 11 de mañá ata pasadas as 21 horas, de forma ininterrompida, veciños e veciñas da Guarda, e tamén moitos visitantes, acudiron á feira en busca dun libro.

A venta dos exemplares estivo acompañada por un dinámico programa de actividades. A primeira delas, a partir das 12,30 horas, foi unha sesión de contos tradicionais da man de Andrea Bayer. Durante máis dunha hora, esta contacontos, fixo que tanto os nenos e as nenas presentes, coma os seus pais e avós, cantaran, aplaudiran e sobre todo se reísen a gargalladas. Ó remate da actividade, Bayer, xunto co Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, repartiron libros entre os máis de cincuenta nenos e nenas que participaron nesta sesión de contos.

Pola tarde, as 17 horas, a pesar da calor, moitos nenos e nenas achegáronse a Praza do Reló para participar no obradoiro infantil no que traballaron a figura do escritor Filgueira Valverde e tamén conmemoraron o Día das Letras Galegas. Os rapaces foron pintando primeiro e despois construíndo un muíño de papel coa axuda das monitoras.

Pasadas as 18 horas, chegou a Feira do Libro a escritora Elena Gallego, a autora da trioloxía "Dragal" e coñecida como a "J.K. Rowling galega". A partir dese momento moitos nenos e tamén adultos achegáronse o seu posto para que lle asinara algún dos seus libros. Gallego foi moi agradable con tódolos seus fans e, ademais de preguntarlle que foi o que máis lle gustara das súas aventuras, instounos a preguntarlle a ela dúbidas que lle xurdiran o ler os seus libros.

Sobre as 20 horas deu comezo o monólogo do lugués Oswaldo Digon, coñecido en todo o panorama nacional polas súas funcións nos teatros e tamén por participar no programa de televisión "El club de la comedia". Digon congregou na céntrica praza a moitas persoas que non deixaron de rir durante toda a actuación.


Como colofón final da Feira, tanto o monologuista coma Antonio Lomba, acompañados dunha man inocente que subiu do público, fixeron o sorteo de catro lotes de libros.

Tanto as librarías coma as persoas que se acercaron a gozar das actividades desta Feria do Libro quedaron moi contentas pola programación e pola cantidade de libros ofertados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones