Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A fin de semana das Festas do monte encherá as rúas da Guarda de diversas actividades e moita verbena que rematarán o luns coa tirada dos fogos de lucería

En especial esta vindeira fin de semana ven chea de citas moi destacadas.

En especial esta vindeira fin de semana ven chea de citas moi destacadas.

Fecha: 13 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Dende que o pregón e o Festival Folclórico celebrado o pasado luns día 8 no Auditorio de San Benito dera comeza ás Festas do Monte, A Guarda leva varios días de troula na que é a súa festa e semana máis grande do ano.

Durante estes días as rúas da Guarda non só se enchen de centos de visitantes vidos de toda a xeografía galega, senón que tamén acollen todo tipo de actividades para amenizar estes días de lecer ao público de todas as idades. En especial esta vindeira fin de semana ven chea de citas moi destacadas.

O venres día 12 de agosto os protagonistas da tarde serán os máis cativos da casa, xa que o Estadio Municipal da Guarda acollerá o XXV Fútbol Infantil. Tamén haberá artesanía no Porto para que a poidan desfrutar os que se acheguen á festa antes da verbena da noite. Esta dará comezo cara as 22,30 horas na Alameda e correrá ó cargo de Grupo América e Orquestra Élite.

Xa no sábado día 13 se celebrará pola mañán o Desfile folclórico tradicional e das bandas mariñeiras. Pola noite, volve a verbena á Alameda con Los Boys Machine e Azúcar.

O domingo día 14, o Domingo do Monte, terá lugar pola mañá a subida ao monte das bandas mariñeiras, que irá seguido polo tradicional xantar no monte, no que tódolos anos se reúnen centos de persoas nunha das imaxes máis impresionantes que adoita deixar esta celebración. Ás 21,30 horas, a Alameda volve a acoller a verbena, desta volta amenizada polos grupos Ámbar e Mayical.

E como todo o bo acaba, as Festas do Monte 2016 chegarán a súa fin o luns día 15 coa tirada dos fogos de lucería organizada polo Concello da Guarda en colaboración coa Comisión de Festas, que terá lugar no Porto da Guarda á medianoite. Rematarán así unhas festas de Interese turístico galego, con máis de 100 anos de tradición, que cada ano acadan máis sona. Pero primeiro, toca desfrutar de esta festiva fin de semana.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones