Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A FUTURA BIBLIOTECA DE TOMIÑO PARTIRÁ DE PROPOSTAS VECIÑAIS CON ESPAZOS DIFERENCIADOS

Nunha primeira rolda de consultas participaron todos os centros educativos, algunhas asociacións culturais e centros para persoas con discapacidade

Nunha primeira rolda de consultas participaron todos os centros educativos, algunhas asociacións culturais e centros para persoas con discapacidade

Fecha: 25 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Dentro do proceso participativo que o Concello de Tomiño vén de por en marcha para que sexa a propia sociedade civil a que opine sobre a futura biblioteca municipal que quere para o municipio, estase a levar a cabo unha primeira rolda de reunións con docentes, representantes das ANPAS e alumnado de todos os centros educativos da vila, incluído o CRA e o IES.

Nesta primeira etapa, tamén estar a ser consultados algunhas asociacións culturais, de persoas con diversidade funcional e grupo de particulares, interesados en dar o seu punto de vista sobre qué tipo de biblioteca pública lles gustaría ter. O edificio, de dúas plantas, onde se construirá a nova instalación é a antiga casa médica de Tomiño, situada ao carón do Mercado Municipal.

Segundo explica a socióloga Susana Rodríguez, da consultora GRUPO ARESTORA, responsable do estudo, o obxectivo desta primeira rolda de conversacións é "xerar ideas e propostas que sirvan para elaborar un cuestionario que se pasará a todos os colectivos participantes para que confirmen e amplíen as súas preferenzas".

Asegura a experta, que a xente está participando no proceso cunha gran dose de ilusión, e que entre as inquedanzas compartidas pola maioría figuran a de dispor de espazos diferenciados para estudo, lectura, consulta, traballos de cooperación, informática, etc., así coma que a futura biblioteca sexa un referente de ocio creativo, punto de encontro social e familiar e, sobre todo, un lugar sen barreiras para a inclusión de persoas con discapacidades físicas ou intelectuais.

A segunda fase deste estudo cualitativo de investigación, que ten coma lema "Ideas que constrúen, sentando as bases da nosa biblioteca municipal", consistirá nunha nova rolda de encontros, da que sairán propostas de traballo máis específicas e criterios de actuación máis concretos.

Paralelamente, a consultora está levando a cabo accións de observación participante, é dicir, visitando bibliotecas consideradas modelo co fin de coñecer a súa forma de traballo, programación de actividades, distribución do espazo, etc.; e tomar nota dos aspectos positivos que se poidan incorporar ao proxecto da futura biblioteca municipal.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explicou pola súa banda, que "o que pretendemos é lograr ter unha biblioteca querida e pensada pola cidadanía; dinámica, moderna, creativa, eficiente, integradora; que responda ás necesidades dos diferentes perfís sociais".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones