Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Galiña Azul de Carlos Casares pecha a semana das Letras Galegas na Guarda

Un espectáculo cargado de humor, narración e maxia, no que os cativos participaron activamente e aprenderon un pouco máis sobre Carlos Casares

Un espectáculo cargado de humor, narración e maxia, no que os cativos participaron activamente e aprenderon un pouco máis sobre Carlos Casares

Fecha: 24 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

Na mañá do pasado luns, tódolos colexios da Guarda acudiron ao Auditorio de San Benito para desfrutar do espectáculo "A galiña azul", protagonizado por Fran Rei. Un espectáculo cargado de humor, narración e maxia, no que os cativos participaron activamente e aprenderon un pouco máis sobre Carlos Casares, o autor homenaxeado este ano, e as cinco historias que compoñen a súa obra "A galiña azul": "O peixe da fonte do xardín", "A bomba da felicidade", "A galiña azul", "A formiga esquiadora" e "O final da historia da galiña azul". Unindo todas elas con incrible mestría, Fran Rei soubo captar a atención dos nenos e facerlles comprender unha importante lección moral: todos somos iguais, sen distincións de ningún tipo.

Trátase do broche final a unha longa semana adicada ás Letras Galegas que comezaba o pasado venres 12 de maio na Biblioteca Municipal, coa lectura de fragmentos do autor e o acompañamento musical das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa.

O mércores 17 tivo lugar, no Auditorio de San Benito, o Festival das Letras Galegas organizado pola Agrupación Cultural Guardesa. Sendo xa toda unha tradición na Guarda, este acto contou coa actuación de varios grupos locais e ó remate, entregáronse os premios aos gañadores dos concursos de redacción e debuxo da mesma Agrupación. Estes traballos estiveron expostos no Centro Cultural dende o 11 ao 21 de maio.

O sábado 20 pola mañá e novamente na Biblioteca da Guarda os máis pequenos da casa, nenos dentre 1 a 5 anos puideron desfrutar co Cantacontos de Pablo Díaz. Mentres a noitiña, o público adulto gozou da posta en escea de Cándido Pazó en "Memorias dun neno labrego", unha obra de teatro baseada no clásico de Xosé Neira Vilas, moi esperada polos guardeses e guardesas, posto que esgotou as entradas aos poucos días de poñerse en circulación.

A X Feira do Libro ocupou todo o domingo a Praza do Reló, con descontos do 20% nas librerías participantes e unha morea de actividades pensadas para tódolos públicos: espectáculo infantil a cargo dun entregado Luis Vallecillo e "Cantamos un conto?"; unha mesa redonda con tres xóvenes blogueiros (Pablo García, Paula Tourón e Daniel Portela) que nos contaron as súas experiencias no mundo da Internet; a esperada sinatura de libros de Fina Casalderrey e a emocionante obra "Historias de vida, amor, guerra e case morte" da compañía Daboapipa.

En fin, A Guarda estivo este mes de maio totalmente dedicada á celebración das Letras Galegas e da cultura en xeral, promovendo a lingua galega cos diferentes eventos e iniciativas que buscan chegar a tódolos cidadáns e cidadás.


RESULTADO DO SORTEO DA FEIRA DO LIBRO

Como tódolos anos o Concello sortea tres lotes de libros entre os visitantes que compraron libros en calquera das librerías participantes. Este sorteo, que se realiza cos resgardo do ticket de venda celébrase en torno ás 20,30h., o finalizar o último dos eventos programados. E os gañadores deste ano, son:

DARINA DOMÍNGUEZ, co nº1329
YENSI PÉREZ, co nº1256
FÁTIMA LORENZO MARTÍNEZ, co nº1332

Os gañadores que non estiveron presentes no momento do sorteo poden pasar a recoller os seus exemplares polo Departamento de Cultura do Concello.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones