Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda abre prazo para que os negocios da vila poidan participar na decoración de Nadal

O obxectivo da iniciativa é promover unha liña de colaboración entre o Concello e os negocios da Guarda a través da que se podan ambientar dúas zonas de especial afluencia de persoas durante o Nadal e que acaben actuando como elementos que contribúan a di

O obxectivo da iniciativa é promover unha liña de colaboración entre o Concello e os negocios da Guarda a través da que se podan ambientar dúas zonas de especial afluencia de persoas durante o Nadal e que acaben actuando como elementos que contribúan a di

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello da Guarda

  • O obxectivo da iniciativa é promover unha liña de colaboración entre o Concello e os negocios da Guarda a través da que se podan ambientar dúas zonas de especial afluencia de persoas durante o Nadal e que acaben actuando como elementos que contribúan a dinamizar o consumo local.

 

Este ano, ao igual que en edicións anteriores, o Concello da Guarda contará coa colaboración de diversas asociacións culturais e sociais da vila que se encargarán de decorar varias prazas durante as festas do Nadal baixo o proxecto “Decora o teu Nadal”. O deseño de cada decoración correrá a cargo das asociacións e o Concello proporcionará os materiais que necesiten. A temática será libre e a maioría dos materiais empregados deberán ser sostibles e reutilizados, en liña coa política medioambiental municipal e os obxectivos da Axenda 2030.

 

Para complementar esta iniciativa, desde a Concellería de Desenvolvemento Local, encargáronse dous elementos decorativos de gran tamaño que serán confeccionados en madeira, e que se situarán na Alameda e na Praza de Avelino Vicente, como reclamo para as persoas visitantes e consumidores/as, pero especialmente pensados para o desfrute das crianzas.

 

Ao igual que coas asociacións, e seguindo esa mesma liña de colaboración, o Concello desexa convidar a todos os pequenos negocios da vila a participar no pintado e preparado destes elementos. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través de Whatsapp ou chamada telefónica ao 679 074 381 ata o 14 de novembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí