Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA ACOLLE A MOSTRA -VESTIDOS CON PINCEL, COSIDOS CON AGULLA- QUE FAI UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DO TRAXE TRADICIONAL GALEGO

A inauguración da exposición é o xoves día 10 de decembro ás 20,30 horas no Centro Cultural

A inauguración da exposición é o xoves día 10 de decembro ás 20,30 horas no Centro Cultural

Fecha: 04 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda acolle a próxima semana a mostra "Vestidos con pincel, cosidos con agulla" organizada polo Museo de Pontevedra en colaboración co Concello da Guarda. Nesta exposición, a través de reproducións de cadros de autores coma Sotomayor ou Máximo Ramos, se fai un percorrido pola historia e a evolución do traxe tradicional galego.

A apertura da mostra, que estará exposta no Centro Cultural guardés, será o xoves día 10 de decembro, ás 20,30 horas. Na apertura, na que estará presente o comisario da exposición José Luís Rodríguez, presidente da Asociación Cultural Gaiteiros "Os de Algures", que fará unha visita guiada na que falará dos tecidos cos que están feitas as diferentes pezas, dos tipos de bordados ou dos complementos utilizados, como son as xoias ou o calzado.
A exposición estará aberta ao público dende o día 10 ata o domingo, día 27 de decembro.

Actividades asociadas

A mostra leva asociados dous obradoiros.
Así, para adultos está programado un obradoiro de "Bordado Tradicional" que se impartirá no Centro Cultural os sábados 12 e 19 de decembro, de 11 a 13 horas.
Nesta actividade os participantes traballarán no bordado ó aire con acibeche. Hai límite de prazas.

Os nenos e nenas poderán participar no obradoiro "Viste o teu Cadro" que estará impartido por CreAPPcuentos. Nesta actividade os participantes xogarán cunha aplicación que lle permitirá crear os seus propios cadros con diferentes pezas dos traxes tradicionais galegos. A cita é o luns 21 de decembro en horario de 11,30 a 13 horas. Tamén hai límite de prazas.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nos obradoiros deberán inscribirse no departamento de Cultura do Concello da Guarda en horario de mañá os días 9, 10 e 11 de decembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones