Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acolle desde este xoves a exposición -Rompe. Xoga en igualdade-

A mostra da deputación coas -barbis intervidas- protagonistas da loita pola igualdade

A mostra da deputación coas -barbis intervidas- protagonistas da loita pola igualdade

Fecha: 07 de Marzo de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

As bonecas como arquetipo da "muller obxecto" que amosan situacións de desigualdade, violencia e discriminación estarán ata o 31 de marzo na Casa dos Alonso (Novo Concello)

Dende este xoves, 7 de marzo, e ata o vindeiro 31 de marzo, A Guarda acollerá a mostra "Rompe. Xoga en Igualdade", coa que a Deputación de Pontevedra denuncia a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse na Casa do Alonso, o edificio no que está a actual sede do Concello, de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas.

"Rompe. Xoga en Igualdade" é unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres co obxectivo de golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar. Pretende "romper" e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52% da poboación.

As protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. As bonecas seleccionadas para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones