Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acolle desde este xoves a mostra -Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar-

A exposición, organizada pola Deputación e a UVigo, poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio ata o 14 de xullo no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais

A exposición, organizada pola Deputación e a UVigo, poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio ata o 14 de xullo no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais

Fecha: 11 de Julio de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

Integrada no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, A Guarda acolle dende este xoves e ata o domingo, 14 de xullo, a mostra itinerante da Deputación "Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar", unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Así, a mostra poderá visitarse no Pavillón do Patrimonio, Reghiño (porto da Guarda) en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 h.

"Achegas as mulleres do mar" chega á Guarda tras o seu paso por múltiples lugares da provincia, ademais tamén de polo campus de Ourense. Así, estivo xa no na lonxa de Cesantes, no Centro Asociado da UNED, no IES Ricardo Mella de Vigo, no auditorio municipal de Cangas, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal, nos salóns de plenos de Cambados e de Nigrán, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio, na Praza de Abastos de Mondariz, no Museo do Mar da Guarda e nos Campus de Vigo e de Pontevedra. De feito, foi neste último campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos.

A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones