Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda acolle este xoves a presentación do libro -Galaicos, un pobo entre dous mundos-

Este xoves día 28 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acolle a Presentación do libro «Galaicos -Un pobo entre dous mundos-.

Este xoves día 28 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acolle a Presentación do libro «Galaicos -Un pobo entre dous mundos-.

Fecha: 28 de Febrero de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Este xoves día 28 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acolle a Presentación do libro «Galaicos - Un pobo entre dous mundos».

O acto contará coa asistencia de Montserrat Magallanes, Deputada Provincial; Quique Alvarellos, editor; Rafael Rodríguez, Comisario da Exposición; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio e Xurxo Ayán, arqueólogo e colaborador no libro.

Durante o transcurso desta presentación proxectarase o vídeo deste proxecto, onde se pode gozar dunha viaxe polo rico patrimonio cultural ligado á historia das Rías Baixas e de Galicia. Durante o percorrido móstrase, a través dunha selección dos obxectos arqueolóxicos máis representativos, a evolución que se produce durante un longo período de 2.000 anos, desde a prehistoria ata a antigüidade tardía. O eixo atlántico do noroeste peninsular, onde se sitúan As Rías Baixas, é un territorio de gran actividade comercial onde converxen tradicións culturais e unha das zonas de España cunha maior densidade de xacementos arqueolóxicos.

O libro
Tamén estará á venda o libro «Galaicos, Un pobo entre dous mundos», que conta con 180 páxinas a un prezo de 24€, unha impactante guía arqueolóxica e visual da provincia de Pontevedra na que se mostran 2.000 anos da historia de Galicia, desde a Idade de Bronce ata o primeiro cristianismo, a través de 20 emblemáticos xacementos situados na provincia de Pontevedra.

Neste libro tamén se fala sobre o xacemento de Santa Trega, que controla a desembocadura do río Miño, trátase dun poboado galaico-romano ocupado desde o século IV a. C. ata o século I d. C. O seu sistema construtivo reflicte a tradición castrexa, na que predominan as construcións circulares cunha arquitectura defensiva e doméstica. A área ocupada por esta cidade alcanza as 20 hectáreas, o que o converte nun dos maiores castros atopados en terras galegas, aínda que soamente se escavou ata o momento un 5 % da súa superficie total. Unha área do poboado caracterízase polas casas-patio, formadas por distintas estancias agrupadas ao redor dun patio. As familias deste barrio manexaban un enxoval doméstico marcado pola presenza masiva de cultura material romana. As cabanas aséntanse directamente sobre a roca nai, os seus muros están recubertos de cal e area e no seu interior algunhas posúen bancos encastados. Entre os anos 2015 e 2016 realizáronse importantes achados, como unha cabeza pétrea, ánforas e lucernas romanas, pezas de Terra Sigillata, fragmentos de labras decoradas, o cunco millefiori (único no norte de Península), un puñal lexionario, o remate dun torque de ouro e máis de 42.500 pezas. Santa Trega é, sen dúbida, un dos legados patrimoniais máis importantes das Rías Baixas e de Galicia.

PAISAXES de ilusión que non esquecerás...
A desembocadura do principal río galego, o río Miño, fai de fronteira co veciño Portugal. Desde o nacemento deste río ata a súa desembocadura as mareas e a horizontalidade do terreo permiten a existencia de praderías ás beiras da canle navegable e de illotes. Unha contorna natural única salpicada por observatorios ornitolóxicos, miradoiros naturais e rutas de sendeirismo; a propia desembocadura posúe unha beleza monumental pola grandiosidade do seu espazo, que se pode divisar desde o alto do impoñente monte Santa Trega, onde se atopa o xacemento do mesmo nome.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones