Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda agradece o traballo das asociacións locais na decoración de Nadal

O pasado luns a Concelleira de Cultura e o Alcalde recibiron ás asociacións colaboradoras para expresarlles o seu agradecemento.

O pasado luns a Concelleira de Cultura e o Alcalde recibiron ás asociacións colaboradoras para expresarlles o seu agradecemento.

Fecha: 12 de Enero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz, recibiron o pasado luns 8 de xaneiro na Casa dos Alonso a tódalas asociacións que participaron na campaña "Decora o teu Nadal", nun encontro no que quixeron entregarlles un pequeno agasallo en recoñecemento da labor realizada polas diferentes asociacións que colaboraron na decoración das nosas prazas e rúas.

Os responsábeis municipais agradeceron publicamente o esforzo e traballo que hai detrás das decoracións, suliñando a importancia deste tipo de iniciativas, nas que a propia xente da vila, neste caso a través do tecido asociativo, se implica activamente na decoración urbana. Esta iniciativa, que se celebra por terceiro ano, sumou novos participantes, dobrando a participación de anos anteriores, con doce asociacións que decoraron diferentes puntos do municipio, dende Salcidos ata o Porto. Así mesmo o rexidor municipal destacou a importancia do asociacionismo guardés, tanto polo amplo repertorio de asociacións de distinta índole, como por a súa intensa actividade sendo as protagonistas de gran parte da programación cultural municipal.

Recordamos que o programa Decora o teu Nadal proponlle as asociacións decorar diferentes enclaves a base de elementos de refugallo, dándolles visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana. As asociacións participantes este ano foron: A.C. Xamaraina (Praza de Salcidos), Avelaíña (Praza do Coruto), Sporting Guardés (Alameda), Rock'n'rolla (Centro de Saúde), Mulleres Progresistas (Centro Cultural), San Xerome (Rúa Galicia), Cruz Vermella(Praza da Igrexa), Sociedade Atlética do Trega (Atrio da igrexa), Agrupación Cultural Guardesa (Antigo colexio Sinde), U.D. A Guía (Praza da Guía), Coro Infantil Somascos (Praza de San Benito) e Vento Mareiro (Praza do Reló).


A esta activa participación hai que sumarlle o traballo e esforzo dos comerciantes da vila, da asociación AGUDE, que en colaboración cos centros de ensino realizou os trineos que alegraron as nosas rúas e ACIGU, responsable do nacemento na Alameda. Entre todos traballaron por ter unha vila rebosante de decoración de Nadal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones