Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda apoia aos colectivos e asociacións da vila con axudas por valor de 142.069?

O Concello da Guarda ven de aprobar en sesión plenaria as subvencións nominais concedidas aos colectivos, asociacións e entidades de Fins Sociais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2020, por un importe total de 142.069?.

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Octubre de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda ven de aprobar en sesión plenaria as subvencións nominais concedidas aos colectivos, asociacións e entidades de Fins Sociais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2020, por un importe total de 142.069€.

As axudas municipais, cunha contía total de 142.069€, destínase a distintas asociacións guardesas de carácter deportivo(83.209€), culturais(39.200€) e sociais(19.660€), co obxectivo de contribuír ao correcto desenvolvemento das entidades de acordo coas actividades levadas a cabo por cada unha delas, apoiando o traballo e o esforzo que realizan en favor da nosa comunidade.

De entre o total das asociacións beneficiarias, 8 delas desenvolven labores de carácter social, permitindo mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e crear estruturas que permitan a inclusión social e laboral das persoas. O concello colabora estreitamente coas diferentes asociacións para a promoción e difusión da cultura, posibilitando a recuperación e posta en valor de iniciativas culturais de toda índole, potenciando os grupos de música e bandas locais. Tamén se traballa na promoción de actividades e eventos xunto coas entidades deportivas e no mantemento das infraestruturas deportivas municipais, para seguir apostando polos hábitos e un estilo de vida saudable.

O Concello da Guarda é un dos gobernos locais da comarca que máis subvencións destina ás asociacións deportivas, culturais e de carácter social do seu municipio, dada a variedade e calidade das organizacións que desenvolven unha importante labor diaria en beneficio dos guardeses e guardesas.

Tamén cabe destacar o apoio que se realiza dende o Concello da Guarda a estes colectivos ao longo do ano aportando materiais, infraestruturas e operarios municipais para colaborar nos distintos eventos que se realizan, así coma a cesión de espazos públicos, petición de permisos, entre outras xestións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones