Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda aproba o inicio da licitación do Servizo de Axuda no Fogar nun pleno extraordinario urxente

-Era un compromiso iniciar a licitación do Servizo de Axuda no Fogar nesta lexislatura e apuramos ata o último momento para conseguilo-

-Era un compromiso iniciar a licitación do Servizo de Axuda no Fogar nesta lexislatura e apuramos ata o último momento para conseguilo-

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Mayo de 2023

Fuente: Concello da Guarda

  • “Era un compromiso iniciar a licitación do Servizo de Axuda no Fogar nesta lexislatura e apuramos ata o último momento para conseguilo”.

 

No pleno extraordinario urxente celebrado no concello da Guarda o pasado venres día 19 aprobáronse os pregos para iniciar a licitación do servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello da Guarda. O alcalde manifestaba que “era un compromiso iniciar a licitación deste servizo nesta lexislatura e apuramos ata o último momento para conseguilo. Trátase dun servizo esencial que presta o concello e necesitamos darlle estabilidade e tranquilidade, tanto ás traballadoras como aos usuarios e usuarias”. O inicio da licitación aprobouse por unanimidade.

 

Ademais leváronse outras propostas importantes na orde do día que na maioría dos casos foron suplementos de crédito para facer fronte a obrigas municipais. Unha delas foi o suplemento de crédito para pagar a última factura do pavillón da Sangriña e poder así recibir a subvención da Secretaría Xeral para o Deporte. Neste punto abstivéronse o PP e CG.

 

Outra proposta foi un suplemento de crédito para facer fronte ao préstamo que o concello solicitou para a construción da Escola Infantil Galiña Azul. Así como o suplemento que se realizou para afrontar facturas correspondentes a gastos correntes de 2022 que non se contabilizaran por entrar tarde no concello. Estes suplementos prosperaron a pesar da abstención dos grupos do PP, BNG e CG, cos únicos votos favorables do equipo de goberno.

 

Tamén se levou a pleno un crédito para facer fronte ás subidas salariais que lles corresponden aos traballadores municipais por lei. Neste caso o crédito foi aprobado coa abstención do PP.

 

O Equipo de Goberno guardés da por pechado o mandato con este pleno extraordinario que permite dar comezo a licitación do servizo de Axuda no Fogar e habilitar créditos para facer fronte as obrigas económicas municipais con empresas, bancos e traballadores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí