Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda asina con Cultura un convenio para a reparación e conservación do Castelo de Santa Cruz

A Consellería compromete un investimento de 42.900? nas obras de revocadura da fachada da edificación principal do castelo, a fin de evitar o seu deterioro.

A Consellería compromete un investimento de 42.900? nas obras de revocadura da fachada da edificación principal do castelo, a fin de evitar o seu deterioro.

Fecha: 15 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron o pasado luns un convenio de colaboración para a conservación e reparación do Castelo de Santa Cruz.

O acordo recolle a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de revocadura da fachada do centro de interpretación situado no interior da fortaleza, toda vez que a porosidade das paredes do espazo museístico facilita a entrada de auga procedente do exterior.

Nesta liña, o rexedor local destacou a necesidade de acadar unha solución definitiva á problemática, tras «varios intentos de modificar o sistema de illamento» por parte da Consellería, con resultado «insatisfactorio».

Así as cousas, o organismo da Xunta destinará un investimento de 42.900 euros para desenvolver os traballos correspondentes, incluídos no Plan estratéxico para a protección e a conservación do patrimonio cultural de Galicia.

Os traballos de mellora e impermeabilización das prestacións térmicas e de impermeabilización da fachada da edificación principal do castelo serán desenvoltos polo organismo da Xunta, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. As intervencións centraranse principalmente na fachada sur da edificación, por ser esta a zona máis exposta ás inclemencias meteorolóxicas.

 

O Castelo de Santa Cruz
O Castelo de Santa Cruz está catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de Monumento. Trátase dunha estrutura defensiva transfronteiriza que se inscribe dentro do grupo de fortíns, atalaias e fachos que se erixiron nos séculos XVII e XVIII ao logo das marxes do río Miño. A edificación principal está situada no interior do castelo, utilizada como espazo multiusos e centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones