Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda avanza no proxecto da nova escola infantil municipal

A obra suporá un investimento aproximado de 600.000?, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello da Guarda.

A obra suporá un investimento aproximado de 600.000?, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello da Guarda.

Fecha: 16 de Abril de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente, reuníronse na mañá do pasado venres en Santiago de Compostela co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, co obxectivo de presentar o proxecto da nova escola infantil da Guarda e concretar a aportación económicas de cada administración.

Nesta liña, Perfecto Rodríguez estableceu un tope máximo na aportación da Xunta de Galicia "seguindo os parámetros marcados polo FEDER" (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) cos que se cofinancia a actuación. Así, co 70% aportado pola Xunta a través dos fondos europeos e o 30% financiado polo Concello, o proxecto suporá un investimento aproximado de 600.000€.

Os representantes municipais amosaron durante o encontro o proxecto da nova escola infantil municipal, elaborado seguindo as pautas marcadas polos técnicos do Consorcio Galego. Obligáronse a seguir traballando para achegar en breve unha proposta definitiva, co compromiso de Perfecto Rodríguez de incluír esta actuación nos orzamentos da Xunta de 2019.

A nova gardaría ocupará a planta baixa do edificio no que se atopaban as antigas vivendas do colexio Manuel Rodríguez Sinde e contará con 41 novas prazas para cativos e cativas de entre 0 e 3 anos. As obras de reforma comezarán, previsiblemente, o próximo ano.

Teresa Vicente e Antonio Lomba aproveitaron ó encontro para lembrar ao xerente do Consorcio Galego a súa petición de incluír a Escola Infantil Municipal da Guarda na Rede Galega de Escolas Infantís "A Galiña Azul". Ao respecto, o xerente alegou que esta demanda non poderá ser atendida en tanto a regularización das aportacións municipais que xa forman parte da rede non conclúa. Neste senso, o rexedor local subliñou a necesidade de axilizar o proceso de regularización, para que o Consorcio Galego poda incorporar novas escolas, posto que corporación municipal pediu por primeira vez a súa inclusión en febreiro de 2016.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones