Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda celebra a súa I Mostra Asociativa este sábado na contorna do Centro Cultural

O próximo sábado 30 con 25 asociacións participantes entre as 10:30 e as 21:00 horas no exterior e interior do Centro Cultural

O próximo sábado 30 con 25 asociacións participantes entre as 10:30 e as 21:00 horas no exterior e interior do Centro Cultural

Fecha: 30 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda celebrará a o próximo sábado 30 de setembro a I Mostra Asociativa, un evento no que se pretende dar a coñecer o tecido asociativo a nivel cultural, deportivo, social e xuvenil que existe no noso pobo, aproximándoo á poboación.

Contando con 25 asociacións participantes, o encontro terá lugar no exterior e interior do Centro Cultural entre as 10:30 e as 21:00 horas, onde se celebrarán mostras instrumentais, obradoiros, charlas-coloquio, exhibicións e actuacións -entre outras actividades- coas que se amosará ao público traballo que estas asociacións guardesas desenvolven durante todo o ano. Amais, contaremos cunha zona expositiva, onde os visitantes poderán informarse e mesmo inscribirse nas actividades ofertadas por cada unha das organizacións.

Programación da festa asociativa
O evento comezará ás 10:15 horas co pasacalles a cargo de O Trebón dos Xidos e, deseguido, tomarán o testemuño as exhibicións deportivas, coas mostras do Ximnasio Domajó (11:00 h) e a Asociación Studio 88 (11:30 h). A Asociación Érguete Baixo Miño ofertará unha charla-coloquio chegadas ás 12 h, namentres o Centro Deportivo Baixo Miño amosará cunha exhibición as actividades que oferta ás 12:30 horas.

Xa pola tarde, esta primeira edición da Mostra Asociativa continuará coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira (16:00 h), pertencente á Asociación O Percamino, e a exhibición de baile tradicional e moderno da Asociación Xamaraina (16:30 h).

A Asociación Do Lusco ao Fusco, pola súa parte, ofertará un obradoiro de baile tradicional ás 17 h, ao que seguirá a actuación da Asociación Folclórica Vento Mareiro (17:30 h).

O filme "Sonata para violonchelo", que se proxectará ás 18 h, é a aposta da Asociación de Enfermos de Fibromialxia do Baixo Miño (Fibromiño) para achegar ao público parte da labor de apoio e información que esta organización desenvolve.

A tarde continuará coas actuacións do Grupo de corda Antorcha (19:30 h) e o Coro Arpegios Cantabile (20:00 h), namentres outras asociacións celebrarán outras actividades durante o día; así, por exemplo, a Asociación Avelaíña celebrará diferentes obradoiros e a Cruz Vermella instalará a exposición "Familias acolledoras" para o seu desfrute durante a xornada.

Obxectivo da iniciativa
Esta primeira edición nace a raíz das reunións mantidas, durante os dous últimos anos, entre o Concello e as asociacións guardesas co obxectivo de fomentar a colaboración e a organización en común de eventos e outras iniciativas que poñan en valor o rico tecido asociativo co que orgullosamente conta a nosa vila.

Así, a I Mostra Asociativa servirá, por unha parte, como punto de encontro no que compartir experiencias entre as asociacións participantes e, igualmente, para amosar a toda a poboación as posibilidades dispoñibles na nosa contorna para realizar actividades, practicar deporte, compartir experiencias etc, convertendo o encontro nunha festa asociativa cargada de actividades diversas da que poderá participar todo aquel que se achegue ata a mostra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí