Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda celebra o comezo do mes de outubro con música e moito deporte

Achégase un novo fin de semana no que o deporte será o protagonista aínda que tamén haberá oportunidade para gozar da música.

Achégase un novo fin de semana no que o deporte será o protagonista aínda que tamén haberá oportunidade para gozar da música.

Fecha: 30 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A fin de semana comeza o venres 30 de setembro co último concerto de "MÚSICA NAS PRAZAS" que terá lugar na Praza de San Amaro ás 22.00 h. Os encargados de pechar a primeira edición de "Música nas prazas" é o grupo "NOBLES" co seu estilo propio Gas noble co que resultaron gañadores do concurso Nova Banda Guardesa organizada por Rock Guardés.

A outra cita musical terá lugar o sábado na Praza do Seixiños coa celebración do X aniversario de grupo folclórico A BOALLEIRA. A partir das 21.00 h haberá un pequeno festival coa actuación de A Boalleira, Trebón dos Xidos, Treboada do Baixo, Xamaraina, Na revolta e algunha sorpresa máis. Polo que será unha noite de música e entretemento sen esquecer a proxección das fotografías que resumen o X aniversario deste grupo folclórico da Guarda.

O sábado e o domingo está reservado o deporte coa celebración da 15K DO ATLÁNTICO BANCO MEDIOLANUM que nesta 4ª edición achega novas probas deportivas e terá unha madriña de honra como é Julia Vaquero, exatleta guardesa que neste 2016 se cumpren 20 anos da súa participación en Atlanta'96 .

As probas deportivas 15K DO ATLÁNTICO do sábado concéntranse na Praza de Avelino Vicente e comezan ás 17.00 hora co "Desafío do Trega". Esta nova proba deportiva é unha competición entre os atletas que ascenderán polos sendeiros e Álvaro Pino, exciclista de Ponteareas, que participará co "maillot" amarelo e subirá o Monte Santa Trega pola estrada coa bicicleta da lle dou a súa vitoria na Volta España do 1986. O gañador será o primeira que chegue a cima do coñecido Monte Santa Trega.

Despois será a quenda dos nenos coas carreiras infantis ás 17.30 h na que participarán nenos ata 12 anos. Para rematar a primeira xornada entregaranse os trofeos do Desafío do Trega ás 18.00h.

O domingo 2 de outubro terá lugar a 4ª edición da 15K DO ATLÁNTICO BANCO MEDIOLAMUN e ás 10.50h sairán de Oia os 100 participantes da Andaina de 12km. Ás 11.00 horas tomarán saída os centos de participantes na proba raíña os 15K DO ATLÁNTICO e que comezarán a chegar ó porto da Guarda en pouco máis de 45'.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones