Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA CELEBRA UN PLENO INFANTIL PARA CONMEMORAR O DÍA DA CONSTITUCIÓN

Na mañá do pasado Luns as cadeiras do Salón de Plenos do Concello da Guarda foron ocupados por uns representantes municipais e un público moi especial

Na mañá do pasado Luns as cadeiras do Salón de Plenos do Concello da Guarda foron ocupados por uns representantes municipais e un público moi especial

Fecha: 09 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

Na mañá do pasado Luns as cadeiras do Salón de Plenos do Concello da Guarda foron ocupados por uns representantes municipais e un público moi especial. Alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria dos colexios Solanas, San Xerome, Sangriña e Manuel Rodríguez Sinde participaron no pleno organizado pola Concellería de Educación para celebrar o Día da Constitución.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, foi o encargado de presentar este pleno, destacando o valor de que os nenos e nenas se acheguen ao Concello xa que "esta tamén é a súa casa".

Neste pleno, os diferentes centros presentaron as súas mocións ó equipo de goberno, formado polos escolares do colexio Solanas, os que, dende a alcaldía propuxeron o regulamento do tráfico na Alameda.

Os nenos e nenas do centro San Xerome propuxeron a adaptación da piscina municipal, os alumnos e alumnas do CEIP A Sangriña a mellora na rede WIFI na Guarda e pola súa banda, os escolares do CEIP Manuel Rodríguez Sinde propuxeron melloras nas infraestruturas da escola de Música e no pavillón municipal.

Nos rogos e preguntas os rapaces e rapazas debateron, por exemplo, da oferta cultural para os nenos e nenas ou da mellora do servizo de urxencias.

Xa son moitos os anos que o Concello da Guarda leva a cabo esta iniciativa para conmemorar o Día da Constitución. O obxectivo é que, ademais de mostrar aos máis pequenos que é e para que sirve a Constitución, con esta actividade os escolares se familiarizan dunha maneira divertida coa política municipal, que é a que máis lles pode afectar.

O alcalde da Guarda, xunto coa Concelleira de Educación, Elena Baz e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes asistiron ao pleno e afirmaron estar moi atentos as propostas para, se se pode, incluílas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones