Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda chega á derradeira fin de semana de xullo cunha intensa programación de actividades

A Guarda despide o mes de xullo cunha variada oferta deportiva, cultural e gastronómica, con varios eventos programados para o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xullo.

A Guarda despide o mes de xullo cunha variada oferta deportiva, cultural e gastronómica, con varios eventos programados para o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xullo.

Fecha: 27 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda despide o mes de xullo cunha variada oferta deportiva, cultural e gastronómica, con varios eventos programados para o venres 27, sábado 28 e domingo 29 de xullo.

Programación por días:

Venres 27:
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.

A Casa dos Alonso acolle dende as 9:00h da mañá as V Xornadas Internacionais de Pesca organizadas por ORPAGU, contando coa presencia da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o Presidente de Orpagu, Joaquín Cadilla, entre outras personalidades e axentes do sector. Unhas xornadas enfocadas aos problemas que máis están a afectar aos armadores deste colectivo na actualidade.

Dentro da programación da XV Festa do Peixe Espada dende as 19:00h realizaranse actuacións a cargo da Charanga Cantos somos, para as 20:00h desfrutar do pregón de Marcos Pereiro, popular actor e humorista. Tralo pregón, procederase á entrega do premio á deseñadora do cartel da festa deste ano, Saray Vicente Paz, e presentarase oficialmente a terceira edición do Campionato Galego Inclusivo de Náutico Adaptado, que desenvolverase ó longo do sábado. A Agrupación Musical de A Guarda ofrecerá a partires das 23:00h un concerto de película, amenizando a noite desta primeira xornada coa que se dará por inaugurada a XV Festa do Peixe Espada de A Guarda.

Sábado 28:
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.

Os xardíns do Centro Cultural acollen a sexta edición do Mercado da Música de 11:00h a 23:00h, un evento que contará con diferentes stands de venda de artesanía, libros, instrumentos, vinilos... así coma concertos a cargo dos grupos The Wav, Indomables Covers Band, The LelliKelly´s, Family Folks e La Chata Soul. O evento contará tamén con actividades para os máis cativos da casa. O evento está organizado pola Asociación Cultural Sopa de Sobre.

Dentro da programación da XV Festa do Peixe Espada ás 11:00h o Porto da Guarda acollerá o III Terceiro Campionato Galego Inclusivo de Deporte Adaptado e as 12:00h visitarán as instalacións da festa os participantes da Concentración Moteira Goián. Ao longo desta segunda xornada realizaranse as actuacións do Mago Zanas, o grupo O Trebón dos Xidos, o grupo de acordeóns Mascarenhas e o grupo Los Gatos & el Sexo.

O Auditorio de San Bieito da Guarda será o escenario da celebración da primeira edición de "La Guardia danza", un evento deportivo organizado polo Centro DO-MAJÓ en colaboración co Concello da Guarda e que terá comenzo ás 20:30h da tarde. Neste evento realizaranse distintas exhibicións de Danza Moderna, Hip-Hop, Salsa, e participarán escolas de Vigo e A Guarda.

Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

Domingo 29:
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h.

Dentro da programación da XV Festa do Peixe Espada ás 12:00h realizarase a actuación do Coro Cantábile e ao longo desta terceira xornada de festa actuarán o Mago Zanas, o Coro Fuscalheiro e o grupo Vento Mareiro.

Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí