Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda congrega dende este xoves numerosas actividades

A Guarda programa para os vindeiros días a Feira Tecnoimaxín, charlas, exposicións, obras teatrais, entre outros.

A Guarda programa para os vindeiros días a Feira Tecnoimaxín, charlas, exposicións, obras teatrais, entre outros.

Fecha: 25 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

A Guarda será dende este xoves o foco para a formación e o emprego na Comarca do Baixo Miño coa celebración da Feira «Tecnoimaxín, un evento que terá lugar na Casa dos Alonsos e que congregará a expertos do sector, que realizarán conferencias e charlas, así coma a realización de exhibicións de robótica ou unha feira con exposicións empresariais. A maiores deste gran evento do sector, A Guarda contará tamén con outras actividades como unha charla sobre saúde para a xuventude, a inauguración dunha exposición, unha obra teatral ou actividades infantís para celebrar o día mundial das Bibliotecas.

Xoves 25 de outubro:
Na xornada do Xoves día 25 de outubro A Casa dos Alonsos da Guarda acollerá a inauguración da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» dende as 10:00h da mañá, contando neste día cun obradoiro sobre «competencias Emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado» a cargo de Gema Sánchez Cabezuso, unha Charla sobre «Proxectos da Zona Franca de Vigo» a cargo de Débora Ramonde e unha Charla sobre «A Felicidade nas novas organizacións» a cargo de Jaume Gurt.

Tamén nesta xornada ás 12:30h realizarase no Centro Cultural da Guarda a Charla «Tempo de Saúde», impartida pola doutora Olga Villar Moreira, dirixida principalmente á xuventude guardesa, e onde se abordará a «Nutrición e saúde, Trastornos alimentarios», unha actividade que terá unha hora de duración e que rematará cun coloquio-debate coas persoas asistentes.

Para rematar esta xornada ás 20:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a Inauguración da Mostra GalizAmérica, que contará coas intervencións de Elena Baz Rodríguez, Concelleira de Cultura; Xosé Leal Fariña, Deputado de Cultura e Lingua; Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda e Carmen Carreiro, comisaria da mostra. Despois dun breve percorrido pola mostra, darán comezo as microconferencias de Mónica Rebolo Sempre en Galicia, a voz dos galegos no río da Prata e Phillip Duncan Webb, Entre Vigo e Asunción: Avelino Rodríguez Elias no exilio (1936-1958).

Venres 26 de outubro:

Na xornada do venres 26 de outubro e enmarcado na Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» de 10:00h a 12:00h realizaráse unha Conferencia/Exhibición sobre a Robótica de Competición a cargo de Manual Rodríguez e Alejandro Santos, técnicos de hardware e software de OPRobots.
Estes dous técnicos explicarán aos presentes como é o seu traballo e como aprenden día a día a facer cousas novas enfrontándose aos mellores enxeñeiros do país. OPRobots exporá as súas creacións amosando como é o seu funcionamento, fomentando a creatividade e innovación a través dos robots de competición de carácter Velocistas, Humanoides, Laberinto e Minisumo).

Ás 12:30h está prevista a realización dunha charla a cargo de Óscar Rodríguez, Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica, sobre «A disrupción laboral: unha verdade incómoda».
Trala pausa da comida, ás 16:00h Emilia Simao e Samuel Barbosa, profesores de multimedia e arte da Escola Superior Gallaecia falarán sobre «Tecnoloxía vs Arte - Video 360º».
De seguido, ás 17:30h Brais Currás e Mar Cortegoso realizarán unha Conferencia/Exhibición sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico».
Xa para rematar a xornada deste venres, ás 21:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a representación do espectáculo teatral «Chola it a girl» da compañía de teatro ArtesaCía co elenco de Laura Villaverde, é preciso retirar as entradas con antelación no Centro Cultural da Guarda.

Sábado 27 de outubro:

Na mañá do Sábado día 27 de setembro de 2018 a partires das 11:30h terá lugar na Biblioteca Pública Municipal da Guarda unha nova sesión de «Contos Contados» a cargo de Nelson Quinteiro co seu espectáculo «Pequeno Cabaret Infantil», unha actividade programada para celebrar o Día das Bibliotecas que ten lugar cada 24 de outubro.

Dentro da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» o sábado terá lugar unha Feira de Empresas da comarca cun rasgo innovador, presentada pola Coach e psicóloga social Susana Rodríguez, aberta a todo o público entre as 10:00h e as 14:00h na Casa dos Alonsos. Tamén realizarase unha Charla sobre «Nova perspectiva nos Recursos Humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica» a cargo de María Caeiro, Conselleira delegada do Grupo Caeiro, que porá o broche final a esta edición de «Tecnoimaxín».

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones