Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda congrega nesta fin de semana numerosas actividades para todos os públicos

Dende o venres 13 e ata o Luns 16, a Guarda conta cunha programación na que se inclúen exposicións, un campionato de balonmán-praia, unha presentación dun libro, as Festas do Carmen, o festival Rock Guardés, entre outras.

Dende o venres 13 e ata o Luns 16, a Guarda conta cunha programación na que se inclúen exposicións, un campionato de balonmán-praia, unha presentación dun libro, as Festas do Carmen, o festival Rock Guardés, entre outras.

Fecha: 12 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda vive unha fin de semana máis cunha intensa actividade deportiva e cultural con actividades que se desenvolverán en diferentes espazos do municipio e para todos os públicos.

Dende o venres 13 e ata o Luns 16, a Guarda conta cunha programación na que se inclúen exposicións, un campionato de balonmán-praia, unha presentación dun libro, as Festas do Carmen, o festival Rock Guardés, entre outras.

Programación por días:

Venres 13
Dende o venres 13 de xullo A Guarda acolle o Campionato de Balonmán Praia Concello da Guarda, que se celebra nas instalacións do Codesal en Camposancos, e que congregará a máis de 650 participantes ao longo da fin de semana, unha oportunidade excepcional para coñecer e ver de preto a xogadores federados de clubes de toda Galicia. Horarios: Venres 13 de 16:00h a 21:00h, Sábado 14 de 9:00h a 21:00h e Domingo 15 de 9:00h a 21:00h
Por outra banda o venres 13 tamén se realizará a presentación do Libro «Manuel Fraga un galego cubano, Fidel Castro un cubano galego» do escritor Miguel Ángel Alvelo Céspedes , ás 20:00h no Centro Cultural.


Sábado 14
Na xornada do sábado día 14 de xullo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
Durante a mañá do sábado convidamos a visitar no Centro Cultural a Exposición "Cambia de Perspectiva" de Pablo Lubians, unha mostra de 15 fotografías aéreas capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva fora do habitual. Horario: de 10:00h a 13:00h.
O sábado celebrarase nas instalacións do Codesal en Camposancos a segunda xornada do Campionato de Balonmán Praia Concello da Guarda en horario de 9:00h a 21:00h.
A Casa de Acollida As Samaritanas na Gándara, acolle unha xornada de Portas abertas dende as 11:00h que contará coas actuacións dos grupos Argonat Band, Xamaraina, Casa de Andalucía, o Trebón dos Xidos, entre outros. Unha xornada realizada co obxectivo de dar a coñecer esta fundación e as actividades e cursos que alí se realizan.
Ás 20:30h o Salón de Actos do Centro Cultural acolle o XXXII Certame de Poesía Feliciano Rolán, onde se entregarán os premios desta edición e se contará coa actuación da Coral do Clube da Terceira Idade da Guarda, esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Guardesa en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra.

Xa pola noite o Porto será o escenario da XVII edición do Rock Guardés, ás 22:00h terá lugar o inicio dos concertos, que nesta edición correrán a cargo dos grupos Maryland, The Pretty Shirts e Perseide.

Tamén na xornada do sábado o Estadio Municipal da Sangriña congregará a numerosos deportistas na VIII edición do Torneo de Fútbol 7 Vila da Guarda, un evento no que colabora o Cocnello da Guarda, a Escola de Fútbol Alameda, GD Miño e Avelaiña.

Domingo 15
O sábado celebrarase nas instalacións do Codesal en Camposancos a terceira e derradeira xornada do Campionato de Balonmán Praia Concello da Guarda en horario de 9:00h a 21:00h.
Dentro da programación das Festas do Carmen o grupo A Boalleira da Gándara fará un pasarrúas pola mañá e pola noite celebraráse no Porto da Guarda unha gran verbena coa orquestra Alaska e o grupo Zeltia.
Tamén na xornada do domingo o Estadio Municipal da Sangriña congregará a numerosos deportistas na VIII edición do Torneo de Fútbol 7 Vila da Guarda, un evento no que colabora o Cocnello da Guarda, a Escola de Fútbol Alameda, GD Miño e Avelaiña.

Luns 16

Dentro da programación das Festas do Carmen a banda de música da Agrupación Musical da Guarda fará un pasarrúas pola mañá e sobre as 11:00h sairá dende a Igrexa Parroquial a procesión do Carme ata a carpa do Porto, onde se celebrará unha Misa Solemne cantada pola Coral da Terceira Idade do Clube de Pensionistas da Guarda. Ao remate da misa, e como ven sendo costume, realizarase no porto a Ofrenda Floral aos Náufragos, para continuar en procesión novamente ata a Igrexa Parroquial. Ás 18:00h terá lugar un concerto do grupo de acordeóns Mascarenhas e a continuación a actuación da Orquestra Tradicional e Pandeiretas O Fiadeiro

Sen dúbida unha fin de semana na que gozar da Guarda, do deporte, da súa cultura, da música e das súas festividades. Recordamos que o Luns 16 é festivo local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí