Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA CONMEMORA AS LETRAS GALEGAS CON ACTIVIDADES PARA TODO TIPO DE PÚBLICO

Contacontos, videopoemas nas redes, espectáculo infantil e o tradicional desfile serán os platos fortes da conmemoración deste ano.

Contacontos, videopoemas nas redes, espectáculo infantil e o tradicional desfile serán os platos fortes da conmemoración deste ano.

Fecha: 18 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas, xornada en torno á cal en   toda Galicia se acumulan os eventos para render tributo á nosa literatura e a nosa lingua.  A Real Academia da Lingua escolle cada ano unha figura senlleira da nosa literatura co fin de fomentar e divulgar a súa obra e a aportación á nosa cultura. A Guarda quere sumarse a esta celebración de homenaxe á nosa lingua e divulgación da obra de Manuel María, e por iso programou diferentes actividades neste eido.

 

Homenaxe a Manuel María:

O pasado sábado, os integrantes de "Polo correo no vento" impartiron na Biblioteca Municipal un contacontos-obradoiro sobre a obra O poeta do Miño, conto inspirado no poema Proclama ós peixes do Miño, onde os máis pequenos fixeron un percorrido literario polo noso Río Miño dende Outeiro de Rei ata A Guarda.

Outra actividade pensada para divulgar a obra do poeta lucense é a proposta "Manuel María nas redes", realizada en colaboración cos alumnos da ESO, pola que nos vindeiros días circularán polas redes sociais videopoemas de Manuel María. Esta iniciativa, quere abrirse á toda a poboación animando ó todo o mundo a que grave un videopoema e o comparta nas páxinas de Facebook de Cultura A Guarda ou Biblioteca Municipal A Guarda.

Para terminar o vindeiro sábado 22 de maio, no transcurso da Feira do Libro, o actor Fran Rei nos animará a mañán con Os contos de Barriga Verde, baseado nos textos de Manuel María Barriga Verde, Os Soños na Gaiola y Aventuras e Desventuras dunha Espiña de toxo chamada Berenguela, representando a poesía, o teatro e a prosa do autor.

 

Tributo á nosa lingua, festexos polas Letras Galegas

Pero ademais da divulgación de Manuel María, son outras as actividades relacionadas coa nosa lingua e a nosa literatura que se celebran na Guarda.

Neste eido o pasado sábado, inaugurouse a programación cunha charla-coloquio a cargo de Denis Vicente e Marisa Guerra sobre o estado da nosa lingua e a súa utilización na ensinanza e entre a mocidade.

 

O 17 de maio, como ven sendo habitual, a Agrupación Cultural Guardesa encabezará os actos de homenaxe a este día co habitual Festival no que se fai entrega dos agasallos ós premiados no seu certame de debuxo e narración

 

O día 18, volven a ser os nenos os protagonistas da xornada, xa que os alumnos dos diferentes colexios da Guarda desfrutarán no Auditorio de San Bieito dun espectáculo  de animación galego senegalesa, con demostración de danza africana e cancións tanto galegas como africanas, fusionando así as dúas culturas, a cargo do grupo "Mbolo mooye doolé".

 

E finalmente, o domingo 22 de maio, será a Feira do Libro, onde poderán mercarse os libros con desconto, facer intercambio de libros e desfrutar cos diferentes eventos asociados á mesma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones