Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda conmemora o décimo quinto aniversario do Prestige cunha homenaxe á -Marea Branca-

O acto terá lugar este domingo ás 12:30 horas no Mirador de Fonte Quente, xunto ao monumento -Homenaxe á Marea Branca-

Xavier Garrido e José Manuel Domínguez Freitas descubrindo a praca conmemorativa en novembro de 2012

Fecha: 18 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O vindeiro domingo 19 de novembro o Concello da Guarda celebrará unha homenaxe dedicada a todas as persoas que contribuíron á limpeza das costas galegas tras o desastre causado polo afundimento do petroleiro Prestige.

O acto comezará ás 12:30 horas e terá lugar no Mirador de Fonte Quente xunto ao monumento «Homenaxe á Marea Branca», coincidindo coa conmemoración do décimo quinto aniversario do astroso acontecemento que provocou unha vaga de solidariedade e compromiso cidadá en prol da conservación e coidado da costa de Galicia.

A homenaxe contará coas intervencións do alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; un membro da organización ecoloxista Greenpeace; o ex Patrón Maior da Confraría de Baiona e voluntario da Marea Branca, Suso López; e o creador do monumento e impulsor do acto de homenaxe, Xabier Garrido.

Anímase ás persoas que asistan ao acto a que contribúan aportando unha pedra para completar a base de monumento, cuxo conxunto simboliza a vaga de voluntarios e voluntarias que fixeron posible a recuperación do litoral galego.
 
Imaxes da inauguración do monumento en 2012:
 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones