Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con actividades culturais

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda organizan a finais deste mes unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda organizan a finais deste mes unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Fecha: 25 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda organizan a finais deste mes unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o próximo sábado 25 de novembro.

A programación dará comezo o xoves 23 de novembro coa proxección da curtametraxe «Lurna» no Centro Cultural ás 20:30 horas. O filme conta a historia dunha muller senegalesa que abandona o seu país na procura dunha vida mellor. Deseguido, o director da obra, o guardés Nani Matos, ofrecerá unha charla-coloquio sobre a trata de persoas.

O sábado 25 de novembro terá lugar na Casa dos Alonso un acto conmemorativo no que o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e as concelleiras da Corporación Municipal colocarán unha pancarta coa que se expresa a total repulsa por todos os casos de Violencia de Xénero. Tras o acto, que comezará ás 12:00 horas, o grupo Cinta Adhesiva realizará unha actuación poético-musical, cunha reflexión sobre a vida e as formas de actuar do ser humano.

Completando a programación, o sábado tamén terá lugar a representación teatral «Nacidas libres» no Centro Cultural, ás 20:00 horas. A obra relata a historia de catro actrices que deciden emprender e montar unha peza inspirándose nunha noticia aparecida nos xornais sobre tres monxas indias retidas nun convento de Santiago contra a súa vontade. O espectáculo ofrece múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos dende a perspectiva de xénero, tales como a desigualdade ou os condicionantes culturais, sen perder o humor.

A entrada será de balde ata completar as prazas dispoñibles e as entradas estarán dispoñibles a partir do luns 13 de novembro, no Centro Cultural ou no Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Guarda.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones