Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda conmemorou o Día Internacional contra as Violencias Machistas

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda promoveron dende o pasado xoves unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda promoveron dende o pasado xoves unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Fecha: 28 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda promoveron dende o pasado xoves unha serie de actividades culturais con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemorou o pasado 25 de novembro. Teatro, cinema e unha actuación musical completaron a oferta cultural na vila guardesa, á que se uniron centenares de persoas.

A programación deu comezo o pasado xoves, 23 de novembro, coa proxección de «Lurna» no Centro Cultural. A curtometraxe, dirixida polo guardés Nani Matos, mostrou aos máis de medio centear de persoas asistentes a historia, baseada nun caso real, dunha muller senegalesa que abandona o seu país na procura dunha vida mellor. Lurna, protagonista da trama, termina sendo vítima da explotación sexual.

O director do filme e o Subinspector da Policía Nacional na sección de estranxeiría, Suso Conde, iniciaron deseguido un coloquio sobre a explotación sexual feminina como máxima expresión da Violencia de Xénero. Propiciouse, así, un debate moi participativo no que o público mostrou gran interese tanto polos aspectos máis cinematográficos relacionados coa rodaxe como pola problemática da trata de seres humanos na actualidade. O Subinspector aportou ao respecto a súa experiencia na intervención en casos de explotación sexual e achegou a esta curtametraxe a súa visión dende o ámbito legal e policial.

Xa na mañá do sábado, 25 de novembro, tivo lugar na Casa dos Alonso un acto institucional conmemorativo no que a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, Elena Baz; a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade, Teresa Vicente; a concelleira de Turismo, Facenda e Desenvolvemento Económico, Montserrat Magallanes; e o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, procederon á colocación dunha pancarta na que se pode ler a mensaxe: «Contra todas as Violencias Machistas».

Deseguido, o rexedor local dirixiuse aos asistentes para «manifestar a máis absoluta e enérxica condena ante as situación de violencia que, aínda que pareza inconcibible, continúan a producirse». Nesta liña, subliñou Lomba, «non podemos caer no perigo dede normalizar os asasinatos por Violencia de Xénero, xa que estamos a ser testemuñas de como estas novas se convirten nunha máis nos telexornais e diarios, e as cifras son realmente arrepiantes». Así, referiu o alcalde, 45 mulleres foron asasinadas no que vai de ano, e 3 máis atópanse en proceso de investigación. Amais, 28 menores quedaron orfos a causa dos asasinatos machistas.

Estes datos, engadiu o alcalde, «teñen que facernos reflexionar sobre o que está acontecendo, por iso é tan importante levar a cabo iniciativas tendentes a mellorar a prevencións a través do incremento de medidas de sensibilización e educación». Nesta liña, «dende o Concello da Guarda asumimos o noso compromiso nesta loita contra calquera acto que atente conta a integridade e a dignididade das mulleres, apoiando as vítimas e transmitindo ás xeracións futuras o respeto, a igualdade entre mulleres e homes, e a defensa dunha sociedade xusta e igualitaria na que podamos participar libre e equlibradamente en todos os ámbitos e tomar conxuntamente as decisións que nos afectan», concluíu Antonio Lomba.

O grupo Cintaadhesiva pechou o acto cunha actuación poético-musical na que os versos, os sons e as imaxes se mesturaron ofrendo unha experiencia musical totalmente orixinal, e orientada á lembranza das vítimas da violencia machista e a defensa da igualdade entre mulleres, homes, nenas e nenos.

O broche de ouro da programación cultural conmemorativa do 25N viu da man da representación teatral «Nacidas libres». O Centro Cultural encheuse para visualizar a obra, na que se relata a historia de catro actrices que deciden emprender e montar uha peza inspirándose nunha noticia aparecida nos xornais sobre tres monxas indias retidas nun convento de Santiago de Compostela contra a súa vontade. A partir desta trama, o espectáculo ofreceu ao público múltiples reflexións sobre a liberdade, a desigualdade e os condicionantes culturais, todo elo dende a perspectiva de xénero e sen perder o humor.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones