Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda conta esta fin de semana con exposicións, cinema, deporte e actividades infantís

Primeira fin de semana do mes de Outubro na Guarda con actividades para todas as idades en diferentes espazos públicos do municipio

Primeira fin de semana do mes de Outubro na Guarda con actividades para todas as idades en diferentes espazos públicos do municipio

Fecha: 05 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

Primeira fin de semana do mes de Outubro na Guarda con actividades para todas as idades en diferentes espazos públicos do municipio, Exposición das Marcas dos Pescadores de Povoa de Varzim e da Guarda na Casa dos Alonsos, Bebeteca na Biblioteca Municipal, inicio do ciclo de Cinema de Outono no Centro Cultural e Carreira e Andaina 15k dende Oia ata A Guarda para pechar a axenda desta fin de semana.

Venres 5 de outubro:

A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa na Casa dos Alonsos da Guarda da man da Asociación Piueiro e recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores, pódese visitar este venres en horario de 7:30h a 15:00h e de 19:00h a 20:30h.


Este venres día 5 de outubro ás 18:00h a Biblioteca Pública Municipal da Guarda elixirá o nome da mascota da bebeteca nunha actividade denominada «Bebeteca: día das Mascotas». Esta actividade está recomendada para idades de 0 a 3 anos e de 3 a 6. A Bebeteca é un espazo con libriños especialmente pensados para iniciar na lectura aos bebés.


Este venres día 5 de outubro comeza na Guarda o ciclo «Cinema de Outono» coa proxección da película «El sueño de Gabrielle», non recomendada para menores de 12 anos. Esta primeira sesión do Cinema de Outono terá lugar ás 21:00h no Salón de actos do Centro Cultural e a entrada é de balde.


Sábado 6 de outubro:

A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa tamén este sábado na Casa dos Alonsos da Guarda da man da Asociación Piueiro e recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores, pódese visitar en horario de 11:00h a 13:30h e de 19:00h a 20:30h.


Domingo 7 de outubro:

A sexta edición da 15k do Atlántico - Banco Mediolanum, unha proba deportiva referente do running galego, congregará este domingo a preto de 600 corredores na categoría 15k e 200 na categoría de andaina, saída ás 11:00h dende o Campo de Fútbol de Oia, actuacións musicais ás 11:30h na Praza do Reló(grupo Mbolo Mooye Doolé) e na Praza de San Bieito(dueto Awen). A meta será no Paseo marítimo do Porto da Guarda.

A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa na Casa dos Alonsos da Guarda da man da Asociación Piueiro e recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores, pódese visitar en horario de 11:00h a 13:30h e de 19:00h a 20:30h.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones