Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda da a benvida ó verán cunha axenda repleta para esta fin de semana

A Guarda está disposta a facer do verán guardés un dos máis completos da comarca no que a oferta sociocultural se refire

A Guarda está disposta a facer do verán guardés un dos máis completos da comarca no que a oferta sociocultural se refire

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda está disposta a facer do verán guardés un dos máis completos da comarca no que a oferta sociocultural se refire, como xa se demostrou na recente presentación da Axenda de Actividades do Verán 2016. E todo comeza esta fin de semana que contará con tres días debido ao festivo autonómico, co que haberá aínda máis tempo para dar a benvida á época estival por todo o alto.

As actividades comezan este xoves pola noite coa celebración, a partir das 22 horas, do "San Xoán no Fuscalho" na zona da Atalaia, que contará con fogueira e actuacións de diversos grupos folk incluída a do Coro Fuscalheiro.

O venres 24, ás 18,3 horas, a Asociación pola Recuperación do Traxe Galego inaugura a súa exposición anual na Casa dos Alonsos, unha mostra que estará aberta ao público ata o 8 de xullo. Tamén este venres 24 de xuño terá lugar na Alameda, ás 2o horas, o Baile de verán da Agrupación Musical da Guarda. Ademais, durante todo o día se celebrará en Campo de Chans, no Monte de Santa Trega, a 1ª Romería Castrexa organizada polas tres Comunidades de Montes da Guarda.

O día seguinte, sábado 25 de xuño, o Auditorio de San Benito acollerá o XII Festival Folclórico Luso-Galaico organizado pola Asociación Cultural Xamaraina, no que se poderán ver as actuacións de tres grupos galegos e un de Portugal. A continuación, ás 22,30 horas na Praza do Reló o grupo Lareira dará un concerto organizado pola Asociación pola recuperación do Traxe Galego para celebrar a apertura da exposición.

Por último, se aínda quedan forzas despois de toda esta troula, o domingo 26 péchase unha fin de semana redonda no Auditorio de San Benito, as 20 horas, co Festival de Baile Moderno Marcando Pasos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí