Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA E CAMINHA FIRMAN O CONVENIO PARA POR EN MARCHA A CANDIDATURA DO ESTUARIO DO MIÑO COMA PAISAXE CULTURAL TRANSFRONTERIZA DA UNESCO

Os alcaldes de ambas vilas, Antonio Lomba e Miguel Alves, cren no potencial e no éxito desta proposta. Queren implicar a cidadanía con diferentes actividades conxuntas.

Os alcaldes de ambas vilas, Antonio Lomba e Miguel Alves, cren no potencial e no éxito desta proposta. Queren implicar a cidadanía con diferentes actividades conxuntas.

Fecha: 04 de Marzo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Esta mañá, no Concello da Guarda, o alcalde Antonio Lomba xunto co Presidente da Càmara de Caminha Miguel Alves e Jordi Tresserras, coma representante da Universidade de Barcelona e redactores do proxecto, firmaron o convenio para por en marcha a candidatura do Estuario do Miño coma Paisaxe Cultural Transfronteriza da UNESCO.

Neste acto formal o alcalde guardés, Antonio Lomba, afirmou que tras esta sinatura comeza o arduo traballo para que o este espazo singular chegue a formar parte do Patrimonio da Humanidade. Así de hoxe nun ano o que se proxecta é ser incluídos na Lista Indicativa para, tras un ano nesta lista como mínimo presentarse á valoración da UNESCO e poder conseguir o título de Paisaxe Cultural Transfronteriza.

"Nós temos fe e tamén confianza de que o conseguiremos" afirmou Lomba, quen non dubidou en subliñar a singularidade da paisaxe e o efecto positivo que ante os turistas e visitantes ten ver esta zona.

O Presidente da Càmara de Caminha salientou que a relación entre as vilas do Estuario se formou grazas aos encontros e desencontros de dous pobos que agora "se abrazan" para conseguir esta candidatura. "É a nosa responsabilidade que esta zona se coñeza", afirmou Miguel Alves.

Pola súa banda, Jordi Tresserras recoñeceu que esta candidatura ten moito potencial. "Hai moita competencia pero se non pensara que esta candidatura ten éxito non apostaría por ela", sentenciou.


Primeiras actividades conxuntas

Este é o punto de partida de diversas actividades e accións conxuntas arredor da candidatura do Estuario do Miño.

Ademais da parte máis administrativa e da elaboración de informes, dende ambas vilas se levarán a cabo diferentes actividades culturais, deportivas e sociais para involucrar aos veciños e veciñas nesta iniciativa.

Este sábado comezará a primeira delas que é facer, tanto os veciños da Guarda coma os de Caminha, o Camiño de Santiago de forma conxunta. Así máis de 100 persoas camiñaran esta primeira etapa que separa Àncora en Caminha, de Mougás en Oia.

"O obxectivo é que a cidadanía participe neste proceso e tamén afiance a súa identidade", comentou Jordi Trasserras.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones