Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda e o Consorcio da Zona Franca de Vigo tenden lazos de colaboración

O sábado día 6 de outubro de 2018 o Delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, realizou a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido por parte da corporación local, asinando no libro de ouro do Concello.

O sábado día 6 de outubro de 2018 o Delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, realizou a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido por parte da corporación local, asinando no libro de ouro do Concello.

Fecha: 08 de Octubre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

O sábado día 6 de outubro de 2018 o Delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, realizou a primeira visita institucional ao Concello da Guarda, onde foi recibido por parte da corporación local, asinando no libro de ouro do Concello.

Nesta primeira visita, David Regades mantivo unha xuntanza de traballo na que se trataron diversos temas para tender lazos de colaboración institucional entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Guarda.

Por unha banda, acordouse ampliar a área de influencia da Zona Franca de Vigo ata o Concello da Guarda, xa que o municipio forma parte da Área Metropolitana de Vigo.

Sobre o estado do Parque Empresarial e Industrial entre A Guarda e O Rosal, o Concello vai a facer un estudo de viabilidade dos distintos proxectos que neste momento están en marcha dentro do Plan Xeral, contando co apoio da Zona Franca para realizar futuras inversións se estes estudos teñen un balance positivo.

Outros dos temas desta xuntanza foi a necesidade de contar no municipio cun centro de formación, viveiro de empresas, aceleradora ou coworking, dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo se apoia esta decisión e a valoran moi positivamente, quedando pendente de que o Concello facilite un local e se realice un proxecto de reforma do mesmo, para potenciar un intercambio de coñecementos e promover e fortalecer a actividade empresarial ao igual que xa se está facendo nos 6 espazos deste tipo promovidos dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo en Baiona, Marín, Porriño, Vigo e Nigrán.

Tamén se tratou a necesidade da infraestrutura viaria entre Tui e A Guarda, que permita dinamizar a economía deste territorio e facilitar a loxística dos produtos que se fabriquen e comercialicen dende A Guarda, polo que o Consorcio da Zona Franca de Vigo vai a apoiar o remate desta necesaria infraestrutura, facendo un chamamento a dar un impulso dende as diferentes administracións, sobre todo á Xunta de Galicia que é a que ten responsabilidades nesta materia, coma garantía dos estudios de viabilidade dos parques empresariais deste territorio.

Nesta xuntanza convidouse ao Consorcio da Zona Franca de Vigo a participar na vindeira Feira de emprego e formación "Tecnoimaxín", que terá lugar na Guarda do 25 ao 27 de outubro, confirmando a súa asistencia o Delegado David Regades, así coma a participación nas ponencias que se van a celebrar dun técnico do Consorcio da Zona Franca de Vigo para falar dos diferentes proxectos que ten en marcha a Zona Franca e que apostan polo empresariado galego, aportando unha ferramenta para os empresarios e emprendedores da zona.

Tralo remate desta reunión de traballo, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba entregou a David Regades un agasallo conmemorativo desta primeira visita á Guarda, para desprazarse despois ata as instalacións da Organización de Palangreros Guardeses, onde foron recibidos pola súa Xerente, Juana Parada e o seu Presidente, Joaquín Cadilla, onde se abordou a iniciativa de Orpagu para a creación no municipio dunha planta de transformación de produtos da pesca que se instalaría no municipio, iniciativa que foi ben recibida dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo e que contará co seu apoio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones