Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Guarda e Póvoa de Varzim xa son cidades irmandadas

O irmanamento entre estas dúas vilas mariñeiras fíxose efectiva o pasado 29 de xullo

O irmanamento entre estas dúas vilas mariñeiras fíxose efectiva o pasado 29 de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Julio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda iniciou en xuño os trámites para formalizar o Irmanamento entre as vilas mariñeiras da Guarda e de Póvoa de Varzim(Portugal) coa creación dunha Comisión integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba,  un representante de cada un dos grupos municipais e o representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.

 

O acto protocolario de irmanamento na cidade portuguesa celebrouse no día de onte, 29 de xuño de 2022, coincidindo coa festa de San Pedro patrono da Póvoa. Unha comitiva municipal, encabezada polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, desprazouse ata a cidade portuguesa, convidados polo Presidente da Camara Municipal de Póvoa de Varzim, Aires Henrique do Couto Pereira, participando en diferentes actos das Festas de S. Pedro e procedendo tamén á sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao”, o documento polo que as súas vilas quedan deste xeito irmandadas.

 

Con motivo desta celebración o volanteiro Piueiro e a súa tripulación navegaron ata a Povoa, coa idea de estreitar lazos coa lancha do alto “Fe em Deus” e a súa tripulación, participar no irmanamento e simbolizar a unión das comunidades pesqueiras tradicionais da Guarda e da Póvoa de Varzim.

 

Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente o equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes  da Cámara de Póvoa de Varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido  á pandemia do Covid houbo que retrasar  a súa celebración ata o 2022.

 

O Alcalde da Guarda manifestou ante os presentes neste acto de sinatura a súa ledicia e satisfacción por un Irmanamento entre dúas vilas que dende xa hai moitos anos manteñen moitos nexos de unión, sempre vencellados á vida mariñeira, como son as marcas dos pescadores e mariñeiros da Guarda ou as siglas povoeiras. Convidou Antonio Lomba a todos os presentes neste acto a participar, os días 23 e 24 de setembro, na Guarda nas celebracións das Festas de Santa Trega e no Pleno Extraordinario que terá lugar para ratificar en sesión plenaria este Irmanamento.

 

A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos,  incrementar  as relacións culturais, fomentar  un turismo  mutuo entre os cidadáns  de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables  da xestión  municipal  coa finalidade de  propiciar o intercambio  de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí