Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda é un dos municipios cunha maior taxa de doazón de sangue de Galicia

A Guarda ten unha media de 84 doazóns por cada 1000 habitantes

Os concellos con maior taxa de doazón de Galicia foron Padrón, A Guarda, A Pobra de Trives, Xinzo de Limia e Lourenzá

Fecha: 15 de Junio de 2017

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou o carácter xeneroso dos galegos a prol da doazón de sangue no transcurso da entrega de recoñecementos, co gallo do Día Mundial do Doador de Sangue que tivo lugar esta maña nun acto desenvolvido na Cidade de Cultura. Así mesmo, o titular do departamento de Sanidade quixo facer unha positiva valoración do traballo realizado a prol da creación dunha conciencia social proclive á doazón de sangue, que levou a Galicia a situarse como unha das Comunidades Autónomas con maiores índices de participación.

No pasado ano, Galicia mantivo por décimo sétimo ano consecutivo a taxa de doazón de sangue recomendada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), pese as dificultades que o envellecemento sociodemográfico supón para renovar a base de doadores.

Almuiña manifestou o compromiso do Executivo galego para continuar traballando arreo co obxectivo de achegar a doazón de sangue a todos os cidadáns e seguir ofrecer o mellor servizo aos doadores e aos receptores da súa solidariedade: os doentes dos hospitais.

Labor de visibilización
A directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García, manifestou que o obxectivo da Axencia é ser unha canle, a conexión vital que posibilita que unhas persoas podan axudar ás outras, e avogou por visibilizar con esta xornada a importancia da colaboración dos cidadáns que desinteresadamente, cada día, fan unha doazón de sangue.

Tanto o conselleiro de Sanidade como a directora de ADOS manifestaron o seu agradecemento aos doadores e convidaron a todos os cidadáns e colectivos da sociedade galega a sumarse a espírito solidario e xeneroso que supón facer unha doazón de sangue.

Distincións
Os concellos que obtiveron o recoñecemento como os de maior taxa de doazón de Galicia foron Padrón, cun índice de 101 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano; A Guarda, con 84/1000; os municipios ourensáns de Pobra de Trives e Xinzo de Limia con 61/1.000; e Lourenzá, que acadou 46/1.000.

Así mesmo, o Centro de Vigo do Grupo PSA, Inditex e Jealsa, recibiron a distinción na categoría de empresas e as facultades de Informática da Coruña, Medicina de Santiago e ETS de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo acadaron o recoñecemento por ser as de maior número de doazóns de sangue no eido universitario galego.

Pola súa banda, os centros de ensino non universitario distinguidos hoxe como os de máis participación durante o pasado ano 2016 foron o CIFP Ánxel Casal da Coruña, IES Muralla Romana de Lugo, o CIFP A Carballeira-Marcos Valcarcel de Ourense e o IES Politécnico de Vigo.

As forzas armadas tamén tiveron o seu recoñecemento coas distincións outorgadas á Escola de Especialidades Antonio de Escaño de Ferrol e á Base Militar General Morillo de Pontevedra.

Campaña especial
Representantes do mundo do deporte estiveron tamén presentes na entrega de distincións do Día Mundial do Doador de Sangue, xa que o RC Celta de Vigo e o RC Deportivo da Coruña recolleron o recoñecemento á campaña especial de doazón Imposible sen ti. Esta iniciativa tivo lugar o pasado ano e posibilitou que, nas xornadas previas ao derbi de máxima rivalidade autonómica na liga de honra do fútbol nacional, os dous equipos galegos unisen a súas forzas para promover o solidario xesto da doazón de sangue entre os seus seareiros.

Por último, Jesús Vidal Blanco e Blanca Ruzo foron recoñecidos como voluntarios especialmente implicados no transcurso das últimas décadas, e os doadores Javier Torres Penas, José Carlos Hernández Peleteiro e María Romero Figueiras, recibiron os seus recoñecementos polo seu salientable compromiso cos distintos tipos de doazón, simbolizando en eles a figura de todas as persoas que doan sangue en Galicia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones