Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA ELIXIDA COMO UNHA DAS MELLORES ESCAPADAS PARA O 2016

A publicación fala do ?impresionante- Castro Santa Trega e dos paseos polo Porto

A publicación fala do ?impresionante- Castro Santa Trega e dos paseos polo Porto

Fecha: 15 de Enero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda foi escollida como unha das mellores escapadas para o 2016 pola publicación especial "Hola Viajes" por España. A revista seleccionou diferentes rutas para facer os 52 fins de semana para o actual ano.

A ruta número 22, escollida para a fin de semana do 28 ao 29 de maio, leva por nome "Miradores del Baixo Miño" e nela resaltan a beleza da Guarda, xunto as curiosidades de O Rosal e de Tui.

Hola Viajes convida a coñecer A Guarda, e destaca, por exemplo o castro Santa Trega como "o mellor e máis impresionante testimonio da cultura galaicorromana". Ademais incita a visitar este monte "o atardecer cando o sol fúndese co mar".
A publicación fala tamén das Festas do Monte e do Museo MASAT, onde se recollen restos descubertos no castro.

A revista tamén resalta a beleza do porto. "Da gusto pasear por este porto vindo o ir e vir das gamelas", e "polas fermosas" praias de O Muíño e A Lamiña.

Este fin de semana na Guarda complétase coa visita de outros concellos do Baixo Miño. Así a publicación salienta a parada "obrigada e gustosa" nas bodegas de O Rosal e nos muíños do Folón e do Picón.
En Tui convidan a pasear polo casco vello e, por suposto, coñecer a catedral, única en Pontevedra e que tamén serve coma un "óptimo mirador".

Esta proposta de fin de semana, ao igual que as demais, inclúe unha guía práctica para saber chegar, cando ir e o que ver.

A Guarda comparte publicación con sitios tan especiais de España coma as Illas Cíes, a vía verde del Plazaola en Navarra ou Caminito del Rey, en Málaga.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones