Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA ENTRE OS CONCELLOS PERTENCENTES Á REDE DE SENDEIROS AZUIS DA PROVINCIA

Carmela Silva confirmou unha partida inicial de 60.000 euros para primeiras actuacións nos municipios e avanzou que o proxecto concorrerá en 2016 a Fondos Europeos como o Programa Life

Os sendeiros azuis son itinerarios e elementos paisaxísticos que unen praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral

Fecha: 17 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

A Deputación de Pontevedra e os nove concellos da provincia adheridos a Rede de Sendeiros Azuis acordaron poñer en marcha un proxecto común para revitalizar a rede e converter estes itinerarios, que enlazan praias e portos con bandeira azul, nun importante elemento de cooperación e atracción turística. A institución provincial, que dispoñerá dunha partida inicial de 60.000 euros para as primeiras actuacións, asinará antes do 31 de decembro un convenio marco coparticipado con cada un dos 9 municipios a fin de desenvolver primeiras actuacións concretas de sinalización, mobiliario, mantemento e promoción.

Na reunión deste mércores, á que acudiron alcaldes e representantes de todos os concellos adheridos á Rede, tamén se avanzou que o proxecto terá un percorrido a medio e longo prazo xa que en 2016, coa unión de todos os municipios, a Deputación concorrerá a fondos europeos para desenvolver este plan de traballo de forma máis ambiciosa. Un deles é o LIFE, un programa europeo cunha liña de financiamento para mellora ambiental e recuperación da biodiversidade.

A Presidenta Carmela Silva sinalou que "as sinerxias e o traballo conxunto cos concellos naquilo que nos identifica faranos moito máis fortes e este proxecto o é. Trátase de cambiar o modelo, tamén nisto, para que no canto de que cada municipio aposte só polo que ten, fagamos unha aposta común". Silva engadiu que poñer en valor esta rede ten o obxectivo transversal de convertela noutro factor de importancia "para que todos os cidadáns que nos visiten saiban que aquí temos valores ambientais moi relevantes e que se atopan en diferentes concellos da provincia"

Tanto a Presidenta da Deputación como o deputado de Cooperación, David Regades, agradeceron a inmediata disposición dos concellos integrados na Rede de Sendeiros Azuis: Cangas, Bueu, A Illa de Arousa, A Guarda, Vigo, Nigrán, Baiona, Sanxenxo e tamén Pontecaldelas, concello que está a tramitar a súa candidatura para optar a esta distinción.

Os sendeiros azuis son itinerarios e elementos paisaxísticos que unen praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral, con función social e como elementos vertebradores para o desenvolvemento, saúde e benestar do conxunto da sociedade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí