Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Guarda entrega os Premios de Educación 2018

O martes día 17 de xullo de 2018 o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018

O martes día 17 de xullo de 2018 o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O martes día 17 de xullo de 2018 o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros educativos de primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo, IES A Sangriña, PP Somascos e HH Carmelitas.

Estes premios convócanse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xoves, establecéndose un máximo de 23 premios consistentes en material informático: 8 premios dirixidos ó alumnado do IES A Sangriña e 15 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo.

Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2 premios na mesma categoría.

No acto de entrega interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Educación, Elena Baz, destacando o enorme esforzo e traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables, asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as.

Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o listado de alumnos premiados de cada centro participante.

Premiados/as:

IES A SANGRIÑA:
2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez e Marco Patiño López.
4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego Rodríguez.
CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.

CEIP A Sangriña:
6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.

Solanas:
6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.

Sinde:
6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel Rodríguez Lomba.

Carmelitas:
6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.
4º ESO: Carlota Cividanez Berrecoso

Somascos:
6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.
4º ESO: Iria Sanz Berridy

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí