Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda forma parte do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía

Milleiros de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía

Milleiros de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía

Fecha: 07 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O pasado mércores o tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía e clima.

O «Pacto de alcaldes para o Clima e a Enerxía» agrupa a milleiros de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía, de redución dos gases de efecto invernadoiro nun 40 % para 2030 e á adopción dun enfoque común para o impulso da mitigación e a adaptación ao cambio climático.

A Guarda comprométese a realizar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostenible (PACES) no que se recollerán as accións chave que se pretenden acometer, cun plan de Inventario de Emisións de Referencia para realizar un seguimento das accións de mitigación e unha avaliación dos riscos e vulnerabilidades climáticas. Todo este proceso será monitorizado cada dous anos para comprobar a implantación destes plans no municipio.

Anxo Baz, manifestou que, neste senso A Guarda xa leva anos traballando nesta liña, incrementando o horario de atención e mellorando as instalacións do Punto Limpo da vila, instalando contedores de recollida de textís e aceites usados, cambio de luminarias por tipo led, instalación de caldeiras de biomasa en edificios públicos, entre outras accións que se marcan dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico. O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones