Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda galardoada con Tres Flores de Honra no certame Vilas en Flor 2021

O Concello de A Guarda participou este mércores en Allariz no Certame de valoración do programa Vilas en Flor que recoñece o labor na xestión de zonas verdes dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes.

O Concello de A Guarda participou este mércores en Allariz no Certame de valoración do programa Vilas en Flor que recoñece o labor na xestión de zonas verdes dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello de A Guarda participou este mércores en Allariz no Certame de valoración do programa Vilas en Flor que recoñece o labor na xestión de zonas verdes dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes.

 

A Guarda participa por terceiro ano consecutivo nesta iniciativa posta en marcha pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) e que avalía a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos. Nesta ocasión, a Concelleira de Medio ambiente, Montserrat Magallanes e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español recolleron o galardón de tres Flores de Honra, unha flor máis que nas anteriores edicións de 2019 e 2020.

 

A valoración baseouse no dossier remitido polo propio concello no que se avalía, entre outros, o patrimonio vexetal e paisaxístico, os espazos verdes urbanos, parques e xardíns, a relación entre espazos naturais e número de habitantes, a xestión da auga ou as  actividades, turismo e comunicación nesta materia.

 

A maiores, o xurado de Vilas en Flor realiza unha visita de inspección na que percorre algunhas das localizacións máis destacados co obxectivo de coñecer de primeira man os avances do municipio en materia medioambiental e paisaxística.

 

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, manifestou que este recoñecemento é froito do gran esforzo realizado polos diferentes servizos municipais e empresas encargadas do mantemento de espazos públicos e xardíns municipais en colaboración coa cidadanía guardesa, nunha aposta decidida pola mellora destes espazos e a súa posta en valor, facendo fincapé tamén na concienciación cidadá para manter A Guarda limpa e embelecer o noso entorno.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones