Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda gaña peso no Camiño Portugués da Costa con 2.439 peregrinos no albergue durante 2017

Supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

Supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

Fecha: 16 de Enero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Camiño Portugués da Costa non deixa de crecer en número de peregrinos e, como ven sendo habitual, os datos rexistrados na Guarda dan conta deste incremento en 2017. Durante o pasado ano, un total de 2.439 peregrinos pasaron a noite no albergue guardés, o que supón unha suba do 40% con respecto a 2016, e o triplo se o comparamos co ano 2015.

En canto a súa procedencia, a meirande parte dos visitantes chegan dende o estranxeiro. Portuguesa, alemá e polaca son as nacionalidades máis habituais entre os peregrinos que visitan A Guarda, aínda que tamén contamos con visitantes procedentes de países tan afastados como Corea, Vietman, China, Canadá ou Estados Unidos. De entre eles, moitos continúan o seu camiño cara O Rosal e Oia tras cruzar o río Miño, namentres outros escollen o albergue guardés ou algúns dos establecementos hoteleiros da vila para pasar a noite.

Agárdase que esta tendencia ascendente da popularidade do Camiño Portugués da Costa se manteña durante o presente o ano. Conta disto da a visita dos 155 peregrinos procedentes do norte portugués que o pasado sábado, 13 de xaneiro, realizaron a etapa dende Caminha ata Mougas (Oia) e foron recibidos polo alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Patrimonio e Deporte, Xavier Crespo, ao seu paso pola vila guardesa.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones