O vindeiro domingo día 19 de decembro celebrarase no pavillón Monte da Mina de Vigo a segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña, en categoría masculina, con partidos correspondentes ás xornadas 3 e 4.
O equipo guardés A Guarda Hockey Liña, que comanda a clasificación, enfontarase os lucenses Lóstregos e Galaicos, que ocupan respectivamente a segunda e terceira praza da clasificación, polo que se xogarán boa parte das súas aspiracións ligueiras da presente campaña.
Haberá partidos de xeito ininterrompido dende ás nove e media da mañá ata as nove da noite na que promete ser unha xornada de hockey liña do máis emocionante. A entrada é de balde.


