Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda incrementa o número de turístas atendidos nas oficinas de turismo

Os datos de ocupación confirman o incremento paulatino do interese turístico da vila durante o último ano

Os datos de ocupación confirman o incremento paulatino do interese turístico da vila durante o último ano

Fecha: 04 de Agosto de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

A oficina de turismo situada no porto guardés atendeu durante o mes de xullo a máis de 1.570 turistas dentro do seu horario de atención ó público (de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a a 19.30 horas durante toda a semana). Así, segundo os datos rexistrados pola propia oficina, os visitantes incrementaron o seu número en máis dun 23% en relación cos datos obtidos o pasado ano durante o mesmo período, cando foron preto de 1.200 as persoas atendidas.

Este servizo de información turística compleméntase co ofertado durante todo o ano pola oficina de turismo situada no Concello, onde se atenden unha media de 30 persoas ao día, sendo o seu horario de apertura de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Estas cifras confirman a tendencia ascendente das visitas turísticas á vila, xa que supón un espectacular aumento do 60% con respecto os datos obtidos durante o mes de xullo de 2015, cando non chegaban a 1.000 as persoas atendidas na oficina turística do porto.

Neste mesmo sentido apuntan os datos da caseta de cobro do Monte Santa Trega, polo que pasaron máis de 35.173 persoas, unha cifra sensiblemente superior á rexistrada durante o mes de xullo do pasado ano, cando foron 34.830 os visitantes que accederon ó monte.

Con todo, confírmase a inclinación cara o incremento que xa se produciu o pasado ano con respecto a 2015 e destaca, especialmente, o aumento de daquelas persoas que realizan a viaxe ó Monte Santa Trega de xeito particular, en detrimento das visitas con viaxes concertadas. O estudo destes datos complétase cos facilitados polos establecementos hoteleiros, cuxos datos de ocupación confirman o incremento paulatino do interese turístico da vila durante o último ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones