Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda inicia o mes de agosto cunha chea de eventos para todas as idades

O Concello da Guarda inicia o mes de agosto cunha ampla programación de actividades coma antesala ás Festas do Monte que terán lugar a partires do vindeiro luns.

O Concello da Guarda inicia o mes de agosto cunha ampla programación de actividades coma antesala ás Festas do Monte que terán lugar a partires do vindeiro luns.

Fecha: 04 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda inicia o mes de agosto cunha ampla programación de actividades coma antesala ás Festas do Monte que terán lugar a partires do vindeiro luns. As Festas de San Caetano, o IV Galifornia Beat ou eventos deportivos coma o XVI Open de Tenis do Clube Codesal, as Carreiras Pedestres das Festas do Monte ou o Torneo de Hockey Liña das Festas do Monte.

Xoves 2 de agosto:
As Festas de San Caetano abren este xoves a programación de actividades coa subida do Arco Floral, unha singularidade desta festa, que foi recuperada fai uns anos pola comisión de Festexos, realizarase ás 21:00h.

Venres 3 de agosto:
Dentro da programación das Festas de San Caetano o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do barrio e celebrarase unha sardiñada ás 21:00h, con posterior verbena a cargo do grupo América.
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.
O IV Galifornia Beat arranca o venres ás 12:00h coa apertura da zona gastronómica coa asistencia de varios foodtrucks e un marketplace, un espazo reservado para todo aquel que desexe amosar o seu traballo, tanto artesanal, artístico coma empresarial, obradoiros, etc. Contará o Marketplace coa colaboración de Peluq art, peluqueria e estética pola voluntade, onde os fondos recadados serán destinados a organización do evento.

Ás 14:00h do venres abrirase a quenda para que todos os participantes nas diferentes modalidades realicen skate libre e coñezan as instalacións do Galifornia Beat, iniciándose ás 19:00h a primeira competición co Best Trick e ás 20:00 a «Batalla de Gallos», unha novidade desta IV edición que consiste no enfrontamento entre dous rapeiros(MC), onde cada un ten un minuto e o seguinte ten outro para facerlle a réplica ao primeiro. Valorarase a dificultade das rimas, o flow e a capacidade de réplica, contando cun primeiro e segundo premio.

Ás 21:00h arrancarán os concertos desta primeira xornada que correrán a cargo das bandas Glitter & Litter(Pontevedra), Crema(Gijón), Viva Belgrado(Córdoba), Kings of the Beach(Vigo) e unha gran afterparty nas Pozas, que porá o punto e final desta primeira xornada.
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).
Sábado 4 de agosto:
Dentro da programación das Festas de San Caetano o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do barrio e pola noite verbena coas orquestras Zeltia e Ámbar.

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.

O pavillón Antonino Torrón do colexio As Solanas acolle o tradicional torneo Festas do Monte de Hockey Liña, organizado polo clube local A Guarda Hockey Liña e coa colaboración da Comisión das Festas do Monte, a edición de este ano disputarase en formato triangular entre os equipos infantís de A Guarda Hockey Liña, Morcegos HL de Ourense e Vigo Blue Ringed. Así mesmo na categoría senior mixto o trofeo xogarase entre A Guarda Hockey Liña e Abuelos Team, conxunto formado por xogadores veteranos dos equipos da contorna.

Ás 18:00h terán lugar as Carreiras Pedestres das Festa do Monte, que sairán dende a Alameda da Guarda.

Na xornada do sábado día 4 de agosto o IV Galifornia Beat arranca de 10:00h a 11:00h coa apertura de inscricións para a proba de Street Sub 16, que se iniciará ás 11:00h e na cal a organización quere premiar á canteira, cunha competición adicada especialmente aos máis pequenos con rondas eliminatorias de dous minutos onde o xurado valorará aos riders polo seu flow, trucos e orixinalidade.

Ás 12:00h do mediodía chegará a hora da WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais e ás 13:00h realizarase un concerto e sesión vemouth a cargo d do grupo de música os Lombardi(Portonovo) e sesión do DJ Nacho Saa(Vinilo set).

Entre as 14:00h e as 16:00h abrirase o prazo de inscricións para o resto de probas deportivas que se celebrarán pola tarde, iniciando esta quenda a de Open S.K.A.T.E. ás 16:00h, unha das probas máis técnicas onde os trucos e as acrobacias serán os protagonistas.

Ás 17:00h terá lugar o Open Street, onde se permite aos participantes un tempo libre para practicar facendo eliminatorias cun determinado tempo ata chegar ás finais.

Ás 18:00h arrancará a exhibición de Biketrial, modalidade onde cada rider ten que sortear diferentes obstáculos co mínimo apoio cos pés.

A Masterclass Break Dance chegará sobre as 18:00h, unha actividade para todas as idades, onde poderedes aprender os pasos básicos desta disciplina e ademais gozar dun agradable momento.

Ás 20:00h chegará o momento do Open Mini Ramp, unha proba que se realiza nun half con rondas individuais e na que os riders realizan trucos coma se dunha coreografía se tratase. Neste momento iniciaranse os concertos a cargo dos grupos Milhomes(A Guarda) e Fuzzil(Portugal).

Xa ás 22:00h realizarase a entrega de premios e posterior afterparty nas Pozas con Captain JailRock DJ.

Domingo 5 de agosto:
Dentro da programación das Festas de San Caetano ás 10:00h entrada no recinto de festas do Grupo A Boalleira, ás 11:30 Misa Solemne con sermón e procesión cantada polo Coro Parroquial. Remate coas tradicionais poxas a partires das 19:00h.

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa, en horario de 12:00h a 14:00h.

 

Tamén na xornada do Domingo celébranse as finais e entrega de trofeos do XVI Open Club de Tenis Codesal e do I Open Feminino Concello da Guarda nas instalacións do Club de Tenis Codesal en A Pasaxe, Camposancos.

Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones