Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA LEVA Ó PLENO A APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

Pleno extraordinario que terá lugar este Venres día 11 ás 9:00h

Pleno extraordinario que terá lugar este Venres día 11 ás 9:00h

Fecha: 11 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

O equipo de goberno da Guarda leva a pleno a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)


O equipo de goberno do concello da Guarda tivo claro dende o comezo da lexislatura que era prioritario para o concello e para os veciños desbloquear o estado no que se atopa a tramitación do PXOM, así o fixemos saber tamén durante a campaña electoral. Esta foi unha das cuestións que indicamos como prioritarias nas conversas que tivemos cos distintos grupos políticos na rolda de contactos mantida a principios da lexislatura.


O documento para a aprobación inicial do PXOM foi entregado no concello polo equipo redactor en setembro do 2012. Dende aquela o anterior equipo de goberno estivo buscando apoios para sacar adiante a súa tramitación sen conseguilo. A pesar das propostas de participación feitas dende o equipo de goberno e o equipo redactor os grupos políticos da corporación municipal nunca se implicaron a fondo na elaboración do documento.


Temos moi claro que debe rematar a actual situación de incerteza respecto do Plan Xeral. Hai, baixo o noso punto de vista, motivos máis que suficientes para continuar coa súa tramitación.


A Xunta de Galicia está a traballar nunha nova lei do solo. O plan xerais que tivesen a aprobación inicial antes da entrada en vigor da futura lei do solo, poderán adaptarse integramente á presente lei ou continuar a súa tramitación tal e como dispón o borrador da mencionada lei. Entendemos dende o equipo de goberno que continuar coa súa tramitación pode implicar aforro de tempo e de cartos.


No caso das 21 licencias non sabemos o efecto que a aprobación inicial terá na premura que esixen os xuíces para que o concello dea cumprimento as sentencias de demolición. O que si parece claro é que axilizar a tramitación debería ser unha prioridade para toda a corporación se queremos conseguir a aprobación definitiva antes da execución de tódalas sentencias, o que podería salvar algunhas vivendas.


Dende fai algún tempo o concello está facendo fronte as indemnizacións por responsabilidade patrimonial e pago de intereses aos propietarios das 21 licencias. Isto representa unha carga económica moi grande para as arcas municipais que se podería evitar cunha aprobación do PXOM.


Por último. Unha aprobación inicial do plan xeral leva implícita unha exposición pública. O noso compromiso é que esta exposición terá unha duración de tres meses. Así, todos os veciños e colectivos interesados poderán coñecer e valorar o documento e facer as alegacións que estimen oportunas. Se rematado o prazo de alegacións e contestadas estas, o documento do plan sufrise unha modificación considerable por este motivo e pola adaptación a nova normativa, o plan volvería a pasar o trámite dunha aprobación inicial.


Un plan xeral actualizado permite unha ordenación do territorio con criterios de racionalidade, así o entenden as sucesivas leis e disposicións que rexen o urbanismo en Galicia e a propia Xunta. Un PXOM é un instrumento de ordenación que busca o beneficio de toda a comunidade a que afecta. Así o entendemos dende o equipo de goberno do concello da Guarda. A aprobación inicial do Plan Xeral permitirá abrir o plan xeral a participación cidadá para que todo o mundo o coñecese e participase na súa corrección nos termos que as leis o permitan.
 

DECRETO   0857/2015

En uso das facultades que me confire o art. 21.1 c) da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local 7/1985 modificada pola Lei 11/1999, veño en convoca-la seguinte SESIÓN DO PLENO do Concello:

CARÁCTER: EXTRAORDINARIA

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CASA DO CONCELLO

DÍA: 11 DE DECEMBRO DE 2015

HORA: 09:00 HORAS

ORDE DO DÍA:

PUNTO ÚNICO.- PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN INICIAL DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DA GUARDA

Notifíquese a presente convocatoria a todolos membros do Pleno, e expóñase no tablón de anuncios para xeral coñecemento de todo-los veciños, e remítase asi mesmo a prensa local.

    En A Guarda, 7 de decembro de 2015.

O Alcalde

 

Antonio Lomba Baz

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí