Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda mellora a sinalización turística

O Concello da Guarda ven de mellorar a sinalización turística grazas a unha subvención para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de Turismo de Galicia presentada a comezos deste ano.

O Concello da Guarda ven de mellorar a sinalización turística grazas a unha subvención para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de Turismo de Galicia presentada a comezos deste ano.

Fecha: 11 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda ven de mellorar a sinalización turística grazas a unha subvención para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas de Turismo de Galicia presentada a comezos deste ano.

A actuación realizada é a homoxeneización e mellora da sinalización turística na Guarda na que se procedeu á retirada das actuais sinais turísticas que se atopaban obsoletas na súa imaxe e nos seus formatos e a instalación das sinais direccionais urbanas para que os visitantes perciban unha atención de calidade no seu desprazamento pola vila.

Nas últimas semanas instaláronse estas novas sinalizacións urbanas, cunha imaxe homoxénea baixo os criterios do Manual de Sinalización turística vixente, con excepción dos postes e sinais que non foron instalados polas obras que se están a realizar nestes últimos meses, pero que si se instalarán ao remate destas obras.

Son un total de 34 postes con 104 sinais de aluminio e distribúense polas rúas principais do concello. A finalidade é guiar aos visitantes xa dende os dous principais accesos na rúa San Roque (entrada pola PO-552 dende Tui) e a estrada de Baiona. Os sinais indican a dirección dos recursos patrimoniais e naturais da Guarda como o Monte Santa Trega, as praias, o Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz, as Igrexas e tamén outras indicacións de interese como o transbordador A Guarda-Caminha e os hoteis ou establecementos de hostalaría.

Este proxecto inclúe a instalación dun tótem informativo exterior na praza de Avelino Vicente, unha das rúas máis transitadas do centro urbano pero que na actualidade está en obras. Este tótem ten pantalla de led de 47" que ofrecera información turística de interese.

Este é a primeira fase de mellora da sinalización turística que se completará nunha segunda fase en 2019.

Este proxecto de Homoxeneización e mellora da sinalización turística na Guarda concedeuse cun orzamento de 51,466,62€, dos cales a Axencia Turismo de Galicia aportou un 65%, cunha subvención proposta de 33,453,30€

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones