Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda oferta esta fin de semana numerosas actividades para todos os públicos

Exposicións, obradoiros ou visitas guiadas, son algunhas das ofertas que serven de atractivo para os visitantes e locais nesta fin de semana do 17 ao 19 de agosto.

Exposicións, obradoiros ou visitas guiadas, son algunhas das ofertas que serven de atractivo para os visitantes e locais nesta fin de semana do 17 ao 19 de agosto.

Fecha: 18 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda congrega, unha fin de semana máis, numerosas actividades de diferente temática e para todos os públicos dende a xornada deste venres e ata o vindeiro domingo, unha axenda moi completa para gozar da vila mariñeira. Exposicións, obradoiros ou visitas guiadas, son algunhas das ofertas que serven de atractivo para os visitantes e locais nesta fin de semana do 17 ao 19 de agosto.

 

Programación por días:

 

Venres 17

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa,  en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.

Este venres ás 12:00h convidamos a todo o que o desexe a achegarse ata o espigón do Porto da Guarda, nas proximidades da Atalaia, para participar na Presentación do Proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» proxecto artístico do pintado do dique norte do Porto da Guarda que terá inico nos vindeiros días e no que poderá participar a cidadanía.

 

Ás 22:00h terá lugar na Praza do Reló a derradeira proxección do Cinema de Verán con "Bebé Jefazo", unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.

 

A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle dende o martes 7 de agosto e ata o  18 de agosto a Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h .

 

Sábado 18

Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa,  en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h.

A Sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado a derradeira xornada de visitas da Exposición de fotografía «Trieb», da autoría de Jesús Rodríguez Ortíz e que se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de 10:00h a 13:00h.

Na xornada do sábado convidamos tamén a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

As instalacións da Praia do Codesal acollen dende este sábado o Campionato de Volei Praia, unha cita deportiva que xa se consolida coma un clásico do calendario deportivo do verán na vila da Guarda, evento organizado por Volei Baixo Miño con categorías mixta, feminina e masculina.

 

Domingo 19

Na xornada do domingo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle a Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa,  en horario de 12:00h a 14:00h.

 

Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).

 

As instalacións da Praia do Codesal acollen este domingo a segunda xornada do Campionato de Volei Praia, unha cita deportiva que xa se consolida coma un clásico do calendario deportivo do verán na vila da Guarda, evento organizado por Volei Baixo Miño, con categorías mixta, feminina e masculina.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones