Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda organiza unha Escape Room de Igualdade

Prazo de inscricións: desde o 14 ata o 30 de marzo.

Prazo de inscricións: desde o 14 ata o 30 de marzo.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Marzo de 2022

Fuente: Concello da Guarda

As actividades programadas polo Día Internacional da Muller estenderanse ao mes de abril de 2022, deste xeito o sábado día 2 de abril ás 17:00h, terá lugar o ESCAPE ROOM de Igualdade, polas rúas da Guarda, dirixido a público familiar.

Esta proba está recomendada a partir dos 12 anos en diante debido aos coñecementos necesarios (culturais , de estratexia….) aínda que non é excluínte. Tratase dunha actividade que se desenvolve en grupos, que deberán integrarse cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 5, chegando a un total de 15 grupos como máximo.

 

A actividade terá como base a Praza de Avelino Vicente e desenvolverase na zona vella e no Castelo de Santa Cruz. Explicarase inicialmente a dinámica da actividade aos participantes, as regras da mesma, así como a resolución das posibles dúbidas que lles poidan xurdir ás persoas participantes. Unha vez repartido o material para cada equipo, comezará a proba, saíndo todos os equipos ao mesmo tempo.

En primeiro lugar os equipos deberán localizar, coa axuda dun mapa, diferentes puntos de

control distribuídos polo contorna da zona vella da Guarda e o Castelo de Santa Cruz. No seu itinerario deberán atopar certa información que será vital para a seguinte parte da proba. Acabar o antes posible outorgará aos equipos máis tempo para superar a seguinte fase. Esta parte terá unha duración aproximada de 30 minutos, cunha distancia total a percorrer aproximada de 2-3Km e un nivel de esixencia medio-baixo. Para iso, as/os participantes contarán cun plano da vila.

Na terceira parte da proba os equipos volverán á Praza de Avelino Vicente, onde se desenvolverá unha proba sonora grupal. Cada equipo contará con numeroso material gráfico en forma de debuxos, imaxes, palabras, números…, paralelamente unha gravación deseñada para a ocasión acompañaraos en todo momento, e será a clave para resolver a proba, apoiándose nas pistas que conseguiron na fase anterior. O obxectivo final é conseguir a combinación numérica coa cal abrir a caixa forte e o código de 6 letras para abrir o críptex.

 

As persoas interesadas en participar na actividade poden presentar a solicitude de forma presencial  na conserxería (punto de Información) do Concello da Guarda (Casa dos Alonso) en horario de 8:00h a 15:30h. e no centro cultural  en horario de 17:00 a 20:00h. ou a través do seguinte correo electrónico: conserje@aguarda.es ( pode descargarse  o modelo de solicitude da páxina web do Concello)

No caso de menores de idade non acompañados, deberan presentar autorización asinada polas súas proxenitoras/es ou titoras/es.

Prazo de inscricións: desde o 14 ata o 30 de marzo.

O venres 31 de marzo publicarase a listaxe dos equipos admitidos na páxina web do Concello e comunicarase a través do e-mail que se facilite na solicitude, así como a listaxe de suplentes.

Descargar Bases

Descargar Autorización menores

Descargar Solicitude

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones