Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA PECHA A SÚA PROGRAMACIÓN DE VERÁN COA PROXECCIÓN DO FILME -A ESMORGA- E A MÚSICA DE -A RODA- NO CASTELO DE SANTA CRUZ

O coñecido actor Antonio Durán ?Morris- e o director da película presentarán o evento.

O coñecido actor Antonio Durán ?Morris- e o director da película presentarán o evento.

Fecha: 12 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A proxección do filme galego "A Esmorga", seguido dun concerto do grupo galego "A Roda", que ameniza unha das escenas da película, será o gran evento que peche este ano a programación de verán do Concello da Guarda, este sábado a partir das 20,30 horas. Esta iniciativa, que leva por nome "Noites no Castelo", terá lugar no marco incomparable do Castelo de Santa Cruz.

A organización recorda que a película "A Esmorga" está recomendado para un público maior de 16 anos.

A Esmorga foi, sen dúbida, a película do ano en Galicia e no resto do Estado. Estreada a finais de 2014, contou cunhas cifras inigualables en taquilla para un filme de produción galega. A cinta foi galardoada con seis premios Mestre Mateo e nominada para os Goya 2015 na categoría de "Mellor guión adaptado", converténdose na primeira longametraxe galega que conseguía unha nominación a este prestixioso galardón. Foi igualmente avalada pola crítica dos diferentes medios especializados.

Baseada na novela que Eduardo Blanco Amor tivera que publicar en Bos Aires en 1959, para vadear a censura franquista, "A Esmorga" relata as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas e o Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria (a cidade coa que o autor rememora a súa Ourense natal). A historia está representada na ficción por un reparto de luxo formado por: Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris". Dirixida por Ignacio Vilar, este filme nos desvela nas súas secuencias unha coidada produción e unha marabillosa fotografía que traslada ó espectador á cidade de Ourense e a outros espazos da mesma provincia e do sur de Lugo, como son o Pazo de Tor en Monforte, Pantón ou O Saviñao.

Unha das secuencias do filme está protagonizada polo tradicional grupo galego "A Roda", no seu particular facer: cantando un tema de taberna. É por esta razón que a proxección da película será seguida dun concerto desta mítica formación.

No directo o grupo presentará o seu novo traballo "Outra volta de Roda", formado por trece temas que representan un percorrido pola historia da formación.


Ademais, neste traballo, o conxunto quixo render un tributo ó que fora o espírito de "A Roda", Adolfo Domínguez Otero, "Fito", recentemente falecido, e ó resto de persoas que pasaron pola formación viguesa dende as súas orixes.
O fillo do que fora aquel "eixe" fundamental, Alfredo Dourado, é agora integrante da formación e estivo na Guarda a finais de agosto para presentar o concerto e para falar deste novo traballo, deixando constancia de que "A Roda" non debe "deixar de xirar".

Mais non serán estes os únicos ingredientes, xa que, para completar a velada, o filme será presentado polo actor protagonista do mesmo, Antonio Durán, e o director, Ignacio Vilar.

A fortaleza guardesa foi recentemente rehabilitada e aberta ó público para o seu desfrute tras máis de cen anos pechada á cidadanía. Coa celebración desde evento, o Concello quere fraguar o espírito de ben público, pensado para o goce e o lecer, co que se emprendeu aquela gran obra de rehabilitación patrimonial.

O CONCELLO DA GUARDA, EN CASO DE CHUVIA, COLOCARÁ UNHA CARPA NO CASTELO DE SANTA CRUZ PARA CELEBRAR -NOITES NO CASTELO-

O Concello da Guarda, en caso de chuvia, colocará unha carpa no Castelo de Santa Cruz para poder celebrar o evento "Noites de Castelo".

Este evento consta da proxección do filme galego "A Esmorga", seguido dun concerto do grupo galego "A Roda", que ameniza unha das escenas da película.
Antes da proxección, ás 20,30 horas, o filme será presentado polo actor protagonista do mesmo, Antonio Durán, e o director do mesmo, Ignacio Vilar.

Con este gran evento, o Concello da Guarda, quere poñer o peche este ano a programación do verán desta vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones