Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda pecha un verán cheo de eventos, con éxito organizativo e boa acollida do público

Os eventos das asociacións concentraron un aforo máis que salientable, feito que confirma o auxe da oferta cultural guardesa e a boa acollida por parte do público.

Os eventos das asociacións concentraron un aforo máis que salientable, feito que confirma o auxe da oferta cultural guardesa e a boa acollida por parte do público.

Fecha: 15 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

A piques de rematar o estío, e aínda que quedan festas patronais e eventos por celebrar, dende o Concello da Guarda desexamos por en valor a programación cultural, deportiva e gastronómica que encheron a vila durante este verán, dedicando un agradecemento especial ás persoas que gozaron dela e ledamente nolo fixeron saber.

Respecto dos eventos organizados polo Concello, veciños e visitantes recoñeceron a calidade dos eventos que, como os concertos de "Noites no Castelo", o espectáculo circense "Pistactiva" ou as visitas teatralizadas polo casco histórico, concentraron a centos de persoas que, ademais de desfrutar, fixéronnos chegar o seu agrado.

Outra das citas cun grande acollemento organizada polo Concello foi "Música nas prazas", cuxo público medrou con respecto ao ano pasado. Nesta segunda edición da programación guardesa que apoia aos músicos e bandas musicais da nosa vila, os sons chegaron á praza do Castro, a praza da Guía e a Praza do Reló, namentres a cita na praza de San Marcos tivo que ser trasladada ao Centro Cultural pola chuvia. A praza da Gándara será o último escenario desta segunda edición de "Música nas prazas", contando coa actuación de Argonat Band ás 21:00 horas deste venres 15 de setembro.

Mais este verán intenso e cunha axenda cultural e deportiva repleta e de referencia na comarca, non sería o mesmo sen os numerosos eventos organizados por asociacións culturais e deportivas da Guarda. Cunha excelente organización, e contando coa colaboración do Concello, os eventos das asociacións concentraron un aforo máis que salientable, feito que confirma o auxe da oferta cultural guardesa e a boa acollida por parte do público.

Compre ter en conta, igualmente, as festas gastronómicas. Milleiros de persoas, entre visitantes e veciños, degustaron os manxares da nosa vila durante as celebracións culinarias nas que as materias primas do noso mar e terra (langosta e peixe espada, entre outras) servíronse en variedade de preparacións, dispoñibles durante todo o ano nos excelentes restaurantes da Guarda. As delicias ao padal foron acompañadas por actuacións musicais e outras actividades lúdicas que encheron as carpas.

Con orgullo debemos nomear, ademais, as nosas festas patronais e populares, numerosas a pesar de ser unha pequena vila e cuxa continuidade debemos agradecer as súas respectivas comisións: as Festas de San Antonio, da Virxe do Carmen, San Caetano, San Roque, da Virxe da Guía e das Mercedes, así como as populares Festas do Monte. Non debemos esquecer, con todo, as meritorias Alfombras Florais que con tanto agarimo elaboran as nosas veciñas e veciños na celebración do Santísimo Sacramento.

Xa por último, desexamos salientar o traballo e dedicación do persoal do Concello da Guarda nos eventos, tanto nos de organización propia como naqueles nos que prestou o seu apoio ás asociacións. A riqueza cultural, deportiva e gastronómica que caracterizou o noso verán non tería sido posible sen o esforzo dos operarios na montaxe dos palcos e a distribución do material de préstamo, o servizo eléctrico e os de son e luces que cobren os eventos; a eficiencia do servizo de limpeza, tendo en conta as dificultades coas que se topa para poder recoller os desfeitos derivados das numerosas celebracións; e, por suposto, o departamento de Cultura e as súas técnicas, cuxa labor de coordinación fai posible que A Guarda estea moi viva, para goce de todos, durante todo o ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones