Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda pon en marcha a campaña de Mobilidade -todo moi preto-

Destinada á mellora da mobilidade da poboación e á concienciación do uso responsable do transporte en favor da mobilidade peonil nas rúas da Guarda

Destinada á mellora da mobilidade da poboación e á concienciación do uso responsable do transporte en favor da mobilidade peonil nas rúas da Guarda

Fecha: 14 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda ven de por en marcha o lanzamento da Campaña de Mobilidade «todo moi preto», destinada á mellora da mobilidade da poboación e á concienciación do uso responsable do transporte en favor da mobilidade peonil nas rúas da Guarda, na que se inclúen o reparto de 10.000 trípticos informativos, campañas promocionais en medios de prensa, así coma unha xornada de xogos na rúa e o sorteo dun cento de carros da compra.

Con este fin levaranse a cabo diferentes accións e actividades nos espazos públicos orientadas á concienciación do uso da rúa para a xente, facilitando o movemento a pé polo casco urbano da vila, co emprego das prazas de aparcamento disuaorio postas en marcha nos últimos meses. O obxectivo é ir retirando de xeito paulatino os vehículos da rúa e darlle prioridade aos peóns no centro da vila, cunha filosofía de uso racional dos vehículos, coma o caso da Praza do Reló, tendo coma referencia o proxecto de Francesco Tonucci da Rede Española de Cidades das nenas e dos nenos, da que A Guarda forma parte.

Plano Metrominuto: A Guarda "todo moi preto"
Esta acción inclúe a elaboración e reparto e distribución en colaboración con colectivos empresariais de 10.000 planos «Metrominuto» en formato tríptico, nos que se especifican os tempos e distancias entre os principais puntos do casco urbano coma a Praza do Reló, a Alameda, os aparcamentos, as zonas de servizos, entre outros. O obxectivo e visibilizar que na Guarda todo está máis preto do que pensamos, polo que se empregamos os aparcamentos disuarorios existentes, desprazarnos a pé polo casco urbano é moi doado e esixe unha media de menos de 10 minutos para achegarse á maioría dos espazos de interese comercial, turístico ou de servizos. A maiores o tríptico inclúe tamén información de varias rutas a pé existentes no noso municipio coma os Camiños do Trega PR-G 112, a Ruta da Desembocadura PR-G 160, a Senda Litoral, a Ruta das Cetáreas e o Sendeiro Azul.

Sorteo dun cento de carros de compra
A Guarda promoverá a mobilidade, o comercio e a dinamización do mercado municipal da Praza de Abastos co sorteo dun cento de carros da compra para que os veciños e veciñas os empreguen para mercar no casco urbano. Dende o Luns 17 de setembro repartiranse papeletas entre os clientes da Praza de Abastos da localidade e realizaranse sorteos de 20 carros semanais o 24 de setembro, 1, 8, 15 e 22 de outubro.

Xornada de xogos na rúa
Ademais se inclúe tamén nesta campaña unha xornada de xogos na rúa, para por en valor estes espazos públicos para o uso e desfrute da cidadanía, unha actividade que terá lugar coincidindo coa inauguración da Rúa Concepción Arenal tralas obras de mellora na vindeira primavera e na que os rapaces e rapazas da vila gozarán de actividades con xogos tradicionais e moitas sorpresas que se anunciarán previamente.

Esta campaña está subvencionada con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones