Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA PON O BROCHE FINAL Ó MAIO GASTRONÓMICO E CULTURAL CUN FIN DE SEMANA REPLETO DE ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS MUSICAIS

Con este evento, que nace co obxectivo promover os doces e as sobremesas tanto de Galicia coma de Portugal nun espazo fora do común, o Concello espera que sexan moitos, tanto os veciños e veciñas, coma os visitantes, os que participen nas actividades.

Con este evento, que nace co obxectivo promover os doces e as sobremesas tanto de Galicia coma de Portugal nun espazo fora do común, o Concello espera que sexan moitos, tanto os veciños e veciñas, coma os visitantes, os que participen nas actividades.

Fecha: 29 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda despide o maio gastronómico e cultural coas actividades previstas para este fin de semana dentro do evento "A Guarda Doce". Tras un mes repleto, cunha programación moi diversa, na que houbo un torneo de xadrez, obradoiros para nenos, un encontro de bandas musicais ou unha campaña nos restaurantes na que se repartían bonos de desconto, a localidade prepárase para o broche final.

As actividades xa comezan este venres coa última barrioferencia que pecha o ciclo de conferencias "Coñece o teu pobo". A cita, na que Praxíteles González falará do "Contrabando no Esteiro do Miño", terá lugar ás 20,30 horas no Centro Social de Salcidos.

O sábado conmemórase o Día Europeo do Mercado e o Concello da Guarda, dentro da campaña "Come o Mar" promovido por "Mar Galaica", organiza diversas actividades dentro da Praza de Abastos. A partir das 11,30 horas terá lugar unha visita guiada polos diferentes postos da praza, tras o paseo, comezará un "showcooking" no que se mostrarán diversas receitas baseadas nos produtos da costa.
Ademais, a Xunta de Galicia repartirá diferentes agasallos entre os usuarios da praza de abastos coa intención de promover e mostrar a calidade dos produtos das nosas prazas galegas.

Este fin de semana se celebra ademais "A Guarda Doce". O sábado terá lugar apertura oficial do evento ás 12 horas na Alameda da localidade, coa presencia do alcalde da vila José Manuel Domínguez Freitas acompañado polo Presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves. Durante toda a tarde os nenos e nenas gozarán de xogos inchables ou dun obradoiro de pintura. Ademais amenizarán o día un grupo de guitarras da "Academia de Música Fernandes Fâo e o grupo "Pretty Shirts" formado por catro xoves da Guarda que ofrecerán un directo cargado de rock&roll.

O domingo as actividades continúan ás 12 horas cun obradoiro de lambetadas e coa actuación musical de "Fiddle Loop & Jose Stewart", concerto no que destacará o son transgresor do violín.
Pola tarde haberá un concurso infantil de galletas e outro de rosquillas para afeccionados, inchables a actuación do coro acústico chegado dende Portugal e o concerto do grupo "Alén do Son", conxunto formado por músicos guardeses que ofrecerá un directo no que se mesturará, jazz, música india, flamenco, tradición clásica e incluso funk, entre outros moitos estilos.

Con este evento, que nace co obxectivo promover os doces e as sobremesas tanto de Galicia coma de Portugal nun espazo fora do común, o Concello espera que sexan moitos, tanto os veciños e veciñas, coma os visitantes, os que participen nas actividades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones