Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda presenta un novo programa individualizado de innovación para o comercio

-Comercio innova- ofrecerá un plan de mellora a cada comercio participante, co obxectivo de facelo máis competitivo.

-Comercio innova- ofrecerá un plan de mellora a cada comercio participante, co obxectivo de facelo máis competitivo.

Fecha: 04 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Os establecementos interesados en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 8 de maio.

A Casa dos Alonso acolleu na tarde de onte a presentación da campaña de dinamización comercial «Comercio Innova», organizada polo Concello da Guarda. Trátase dun programa individualizado de innovación dirixido ao pequeno comercio local co que se busca favorecer a renovación e optimización da xestión deste tipo de negocios, favorecendo a súa adaptación ás novas tecnoloxías e aos novos hábitos de consumo.

Segundo explicou o rexedor local, Antonio Lomba, esta iniciativa pretende proporcionar asesoramento personalizado a cada un dos comercios participantes, focalizándose na mellora das ferramentas de promoción dos produtos, a atención á clientela, a distribución dos espazos e o control de gastos, entre outros elementos.

A responsable da empresa encargada do proxecto (Talentea), Fátima Rodríguez, presentou ante as persoas asistentes o plan do programa, que arrancará como un proxecto piloto con tres fases principais: o análise da situación de partida, a definición e posta en marcha do plan de acción e, por último, a avaliación de resultados.

Todos os comercios do municipio que desexen participar poderán facelo cumprimentando o formulario aquí anexo e remitíndoo ao correo electrónico informacion@aguarda.es ata o vindeiro 8 de maio. Para máis información, poderán achegarse á Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) do Concello da Guarda e/ou consultar a páxina web www.aguarda.es.

A campaña «Comercio innova» contará co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2018.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones