Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A GUARDA PROMOCIÓNASE EN FITUR COMA UN DESTINO TURÍSTICO DE EXCELENCIA EUROPEA

O Concello da Guarda estivo presente esta semana da Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR).

O Concello da Guarda estivo presente esta semana da Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR).

Fecha: 23 de Enero de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda estivo presente esta semana da Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR). Da man do alcalde, Antonio Lomba, da Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e da Técnico da Turismo do Concello, Rosalía Verde, A Guarda estivo presente neste punto de encontro global entre profesionais do turismo.

Na xornada do mércores, 20 de xaneiro, os representantes guardeses tiveron unha reunión de traballo sobre a redacción do expediente da candidatura do Esteiro do Miño coma Patrimonio da Humanidade da Unesco como Paixase Cultural. Neste encontro, entre outras cousas, definiron os prazos e o acceso á documentación por parte dos redactores.

Ademais mantiveron contacto con distintos touroperadores para incluír a comarca do Baixo Miño nos paquetes e circuítos que ofrecen aos seus clientes.

Os representantes da Guarda reuníronse tamén con responsables municipais doutros concellos, coma por exemplo Llanes ou Ribadesella, cos que compartiron experiencias e posibles iniciativas coas que potenciar o turismo activo.


Destinos EDEM

O Concello da Guarda foi convidado ao stand de TurEspaña para acudir a presentación dos Destinos Europeos por Excelencia - EDEM -, dos que A Guarda, forma parte.
Neste acto, a Directora Xeral de TurEspaña, Marta Blanco, deu a coñecer as diferentes campañas de promoción para promover o turismo nos distintos destinos EDEM españois.

Ademais houbo unha xornada técnica na que os distintos Concellos que teñen este distintivo definiron as liñas de acción dos EDEM para o 2016 por parte da Secretaría Xeral de Turismo.

O alcalde da Guarda, a Concelleira de Turismo e a Técnico do Concello, pecharon a xornada asistindo á presentación da "Eurocidade Tui-Valença", na que se proxectou un vídeo no que se recordaban os "mil anos" de historia conxunta de ambas cidades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones