Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Guarda promove un obradoiro de decoración de Nadal

Unha iniciativa dentro da cal se anima aos establecementos comerciais, asociacións de veciños e público en xeral a elaborar un adorno común, de xeito que este aporte unha sinal de identidade propia do Nadal na nosa vila.

Unha iniciativa dentro da cal se anima aos establecementos comerciais, asociacións de veciños e público en xeral a elaborar un adorno común, de xeito que este aporte unha sinal de identidade propia do Nadal na nosa vila.

Fecha: 20 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de A Guarda

O Concello da Guarda promove dende hai uns anos a campaña «Decora o teu Nadal», unha iniciativa dentro da cal se anima aos establecementos comerciais, asociacións de veciños e público en xeral a elaborar un adorno común, de xeito que este aporte unha sinal de identidade propia do Nadal na nosa vila.

Este ano, a proposta elaborada pola interiorista e voluntaria nesta iniciativa, Maite Lomba, é un abeto de Nadal para cuxa elaboración precisaremos de materiais de baixo custo e/ou de refugallo. O obradoiro terá lugar na Casa dos Alonso o próximo mércores 22 de novembro, de 15 a 18 horas, e o sábado 25 de novembro, entre as 16 as 19 horas.

Cada unha das persoas participantes deberá levar o seu propio material para a elaboración do elemento decorativo, seguindo as pautas marcadas por Maite Lomba no vídeo titorial que poden visualizar na canle de YouTube do Concello da Guarda, nas páxinas de Facebook do Concello da Guarda e Cultura A Guarda, ou a través deste enlace.

Aquelas persoas que non podan paticipar no taller e desexen realizar o adorno pola súa conta, poderán ulilizar o molde de madeira, necesario para elaborar a forma do elemento decorativo, na Casa do Concello e seguir o procedemento indicado por Lomba no titorial.

A campaña «Decora o teu Nadal» inclúe toda unha serie de actividades dirixidas á decoración urbana por parte das asociacións e o comercio, así como obradoiros para a decoración de espazos públicos por parte das nenas e nenos da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones